Skip to Content

MAGOSTO

Este pasado venres celebramos o Magosto no cole.

Tivemos unha magnífica mañá, na que xogamos a xogos tradicionais e despois gozamos dunhas riquísimas castañas e dunha música amenizada polo grupo Xironsa.

Ademais fomentando a convivencia entre a comunidade educativa, dentro do programa Convive-T, invitamos ás familias para que pasaran unha bonita mañá de sol cos seus fillos e fillas.

Agradecemento especial ás FAMILIAS que nos axudaron coa organización, sen eles non sería posible. 

GRAZAS FAMILIAS!!!

Enlace na imaxe

 

EXPERIMENTO DE XERMINACIÓN DE GUISANTES

Ola! na clase de Ciencias estivemos facendo un experimento de xerminación de guisantes en distintas condicións, o período de observación vai ser de un mes. Ademais, fixemos vasos contendores biodegradables, reciclados e sostibles.

  • En interior, con luz e con auga.
  • En interior, sen luz e con auga.
  • En exterior, con luz e con auga.
  • En exterior, con luz e sen auga.

Enlace na imaxe 

DÍA DA CIENCIA

Onte 10 de novembro conmemorouse o día da CIENCIA, e para celebralo o alumnado de 6º realizou un conxunto de experimentos converténdose en verdadeiros científicos.

Aquí deixamos as probas...

Enlace na imaxe

BLACK FRIDAY VS COMERCIO DE CERCANÍA

Despois de que participaran 6º e parte de 5º, 4º e 3º no deseño da porta para Samhain, o alumnado de 2º tamén axudou a decorar e renovar o novo deseño, duradeiro ata a campaña de Nadal.

Enlace na imaxe

COÑECEMOS AS REGRETAS

En 1° estamos traballando o concepto de número e cantidade a través das regretas, ademáis hoxe traballamos a descomposición dos números.
Foi moi produtivo!

Enlace na imaxe

CHEGOU O DÍA DE SAMAÍN... QUE MEDO!

Neste Samaín decoramos os pasillos e as portas das nosas clases, tamén fixemos unha exposición de cabazas que daban moito medo e para finalizar transformámonos en esqueletos, bruxos e bruxas, zombies... 

Deixámosvos unha mostra deste terrorífico día.

Enlace na imaxe

Distribuir contido


by Dr. Radut