Skip to Content

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25

 

O prazo para presentar as solicitudes é do 21 de maio ao 21 de xuño (ambos incluídos).

O procedemento para presentar estas solicitudes é:

  • No centro cuberto á man.
  • No centro, pero cuberto dixitalmente: accederase a través da páxina web https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ cubrirase o documento e presentarase no centro xunto coa documentación.
  • Dixitalmente: presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

Documentación a presentar:

  • Formulario con ANEXO I e ANEXO II (en caso de opoñerse á consulta dalgún dos apartados: DNI, discapacidade, renda... deberá presentarse fisicamente no centro).
  • Libro de familia (en caso de non dispoñer del deberase presentar un certificado de convivencia onde figuren o alumno/a e os familiares que convivan con el/a).
  • En caso de darse algunha das seguintes situacións deberase presentar:
    1. Certificado do grado de discapacidade.
    2. Acreditación de vítima de violencia de xénero.
    3. Resolución xudicial de curatela representativa ou patria potestade.
    4. Resolución administrativa de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

Tanto os os ANEXOS I e II, como a Orde que regula este procedemento podédelo atopar na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES:

  • Listado provisional: 2 de xullo
  • Listado definitivo: 5 de xullo

 

Recordade que para presentar a solicitude debedes vir en horario de secretaría ou á entrada ou saída do colexio.

 



paxina | by Dr. Radut