Prezadas familias.
Xa está aquí o Entroido e no Cidade Vella ímolo celebrar como se merece.
Este ano a temática do noso proxecto de centro é a Galicia Máxica, polo tanto os disfraces van relacionados co mesmo.
Aquí vos deixamos as instruccións para elaborar o disfraz (unha parte farase na casa e outra no centro).
EDUCACIÓN INFANTIL: LOBISHOMES.
1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: DIAÑOS.
3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: FADAS E TRASNOS.
5º EDUCACIÓN PRIMARIA: URCOS.
6º EDUCACIÓN PRIMARIA: MEIGOS E MEIGAS.