Skip to Content

Ola familias! Benvidas e benvidos ao novo curso 2020-21.

Preséntome, o meu nome é Sara, e aínda que me presento de xeito virtual, nos iremos coñecendo pouco a pouco. Decirvos que collo con moita gana e ilusión este curso tan complexo para todas e todos e que espero que dentro do que se poida, traballemos conxuntamente nesta aventura tan fermosa que é educar.

 

A necesidade de comunicarme con vos, e para informar e recordar o seguinte:

 

- Queda convocada unha reunión o venres 16 de setembro de 16.30 a 17.30 horas. (Lembrade un adulto por familia e sen nenas/os)

 

- Material escolar: Non traeremos carpetas ata o luns 21 e iremos pedindo material según vaiamos necesitando, xa que todavía hai material do ano pasado. Falaremos de este tema na reunión. (As familas que xa trouxechedes carpetas, non vos preocupedes! Xa nos arreglaremos).

 

- Outro material: O que sí precisamos este ano para o aseo persoal, e xa podedes ir traendo é un paquete de papel de cociña, un pack de toallitas de bebés, e dúas bolsa zip de plástico (non fai falta un paquete, solo dúas bolsas zip).

 

- Merendas. Seguimos case a mesma rutina do ano pasado:

Luns: Froita pelada. Recoméndase plátano aberto por un lateral.

Martes: Bocadillo de pavo, queixo, etc.(non nocilla, nin chocolate)

Mércores: Froitos secos ou cereais.

Xoves: Lácteos, preferiblemente Iogures.

Venres: Froita pelada. Recoméndase plátano aberto por un lateral.

IMPORTANTE: Traer auga, este ano non podemos coller auga da billa.

 

- Psicomotricidade: Traemos roupa deportiva os luns e os xoves.

 

- Recordade que a roupa e obxectos deben vir etiquetados co nome da nena ou neno.

 

Moitas grazas pola vosa atención, habilitaremos en breves unha canle de comunicación. Que teñades boa semana, vémonos o venres!

 

Sara



story | by Dr. Radut