Skip to Content

DÍA DA PAZ (31/01/2024)

O pasado 31 de xaneiro conmemoramos no centro o Día da Internacional da non Violencia e da Paz.

Este ano a sorpresa foi por parte do profesorado ao alumnado, quen representou a obra "ELEFANTES GRISES". Seguidamente se interpretaron cancións sobre a Paz e lectura dun libro da Paz en varios idiomas.

 

Vídeomontaxe do alumnado e profesorado sobre a "Canción de la Paz" de Benny Berman.

PAZ

PEACE

سلام /salaam/

МИР /mir/

שָׁלוֹם /shalom/

平和 (へいわ) /heiwa/

 

Posteriormente, todo o alumnado, e moitas familias que se animaron e puideron vir, participamos na 20ª edición de “Kilómetros de Solidariedade” (III para o cole), proposta pola ONG “Save the children”, cuxo obxectivo é axudar a nenas e nenos afectados pola fame en países como Malí ou Muritania. Superamos o reto dos 15 km e recadáronse  máis de 310 eurosr!!!

DÍA INTER. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25/NOV./2023)

Onte, 27/nov./2023, o CEIP Plurilingüe Bragade conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25/nov./2023); nesta ocasión, esta temática traballouse e levouse a cabo a través do conto "PEUGO, O CALCETÍN MELENUDO".

Actividade enmarcada no programa de innovación educativa “05. EMOCIÓNA-T" (CONTRATOS-PROGRAMA CPinclúe).

 

ROSCO Ó RESCATE (21/NOV./2023)

O 21/11/2023 o alumnado do CEIP Plurilingüe Bragade disfrutou da actividade "ROSCO Ó RESCATE - MISIÓN SALVAR A NATUREZA", organizada e levada a cabo por Casa Grande de Xanceda , na cal se tratou sobre como ROSCO nos ensina e fomenta hábitos de sostibilidade, reciclaxe, consumo responsable, etc.

Dende o centro quixéramos, novamente, agradecer enormemente esta iniciativa a Casa Grande de Xanceda que contribúe á concienciación do necesario coidado do medio natural, comezando pola nosa contorna.

O alumnado recibiu un lapis cunha goma cunhas sementes para axudar á polinización das abellas.

Actividade enmarcada no programa de innovación educativa “04. EDUsostibilidade" (CONTRATOS-PROGRAMA CPinnova).

SAMAÍN E MAGOSTO 31/OUT/2023

Este 31/OUT/2023 o alumnado do Bragade celebrou o SAMAÍN e o MAGOSTO. 

Entre outras sorpresas -e máis dun susto-, houbo un túnel do terror entre as diversas decoracións.

Posteriormente, o alumnado queimou os seus medos na Fogueira dos medos baixo o conxuro específico "QUEIMAMOS OS MEDOS DE..." e co conxuro final da titora de 1º e 2º Pri., Alexia e acompañada polo xa habitual convidado especial do Hotel Transilvania (Rumanía), o pianista e organista de eventos fúnebres, Dmitri Salachenko.

Posteriormente entregáronse os premios do CONCURSO DE APÓCEMAS MÁXICAS!!!

Parabéns a todo o alumnado participante polas apócemas máxicas, e, en especial a aquel gañador, Vera, Lois, Julia, Xabi, Lino, Dani, Naiara, Xiana, Ían e Laura!!!!

Tras cantar con Dmitri as cancións "Corre, corre, cabaciña" e a canción orixinal do Bragade "O MAGOSTO E O SAMAÍN DE DON EUSTAQUIO" desfrutamos de castañas asadas.

Finalmente, e tras un tempo de recreo extra para xogar e divertirse, o alumnado contou cun menú terrorífico que elixiron previamente nunha enquisa (de entre 4 MENÚS terroríficos) a semana pasada:

MENÚ 3: Entrañas de crocodilo en pan con sangue de bruxa

DÍA DA BIBLIOTECA 24/OUT/2023

Este mércores 25 de outubro de 2023 conmemoramos o Día da Biblioteca (24/outubro)


Primeiramente, o alumnado de 5º e 6º Pri. escenificou "A formiga coxa", e, deseguido todo o cole cantou as cancións "A Biblioteca do cole" e "O rato de Biblioteca" (poemas de María Xosé Lamas e Xoán Neira, respectivamente, e música do noso Mestre Israel).

Para finalizar, todo o alumnado pegou nun mural xigante (preparado pola nosa Mestra Consu) un debuxo ou impresión do libro favorito de cada un/ha, que colgamos no recibidor da entrada do cole.

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

Este Samaín e Magosto 2023 comeza co CONCURSO DE APÓCEMAS MÁXICAS (convocado a través da Circular Informativa nº2_2023/24) organizado conxuntamente polo Equipo de Actividades Complementarias E Extraescolares, o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), o Equipo de Biblioteca, o Equipo de TIC/Abalar e o Equipo de Plurilingüismo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut