Skip to Content

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024

REUNIÓNS PRESENTACIÓN CURSO 2024/25

O vindeiro martes 10 de setembro de 2024 terán lugar as reunións de presentación deste curso 2024/25 co seguinte horario (clicar sobre a imaxe) a partir das 16:00 horas:

Trala reunión de Claustro hoxe (martes 03/09/2024) sobre a adscrición do alumnado ao profesorado deste curso 2024/25, infórmase que o material do alumnado se publicará o venres 06 de setembro de 2024. Pódese acceder directamente a través da seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcesuras/node/615

INSTRUCIÓNS DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O 2024/25

Hoxe, luns 01 de xullo de 2024 a mediodía, publicouse a Instrución que regula o transporte escolar para o curso 2024/25. Achégase, deseguido, unha ligazón a dita instrución:

Instrución conxunta 1/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares

Como novidade salientable a Instrución recolle que os cambios de itinerario ou creación de novas paradas se realizarán mediante a utilidade de petición de paradas implementada para o efecto na aplicación de transporte escolar, polo que non haberá, esta vez, que cubrir o tradicional formulario ANEXO I-SOLICITUDE MODIFICACIÓN ITINERARIO.

A/s familia/s que estiver/en neste caso, póñanse, por favor en contacto co centro educativo mediante correo electrónico ceip.cesuras@edu.xunta.gal, achegando a seguinte información.

  • Nome e coordenadas da nova parada.
  • O nome da parada xa existente anterior e distancia en km á nova parada.
  • O nome da parada xa existente posterior e distancia en km á nova parada.
  • Se a nova parada supón desvío ou non na ruta.
  • Xustificacións/Alegacións que fundamenten a dotación/resolución favorable da nova parada a solicitar.

DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE MODIFICACIÓN DE TRANSPORTE, NOVAS PARADAS, ETC. NO CENTRO: VENRES 12/XULLO/2024

INSTRUCIÓN DE COMEDOR ESCOLAR PARA O 2024/25 (actualizado 06/07/2024)

En xuño de 2024 publicouse a Instrución que regula o Servizo de Comedor Escolar para o curso 2024/25. Achégase, deseguido, unha ligazón a dita instrución:

INSTRUCIÓN 1/2024, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2024-2025

As seguintes ligazóns tratan dos ANEXOS incluidos na referida INSTRUCIÓN:

ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS_24-25

ANEXO III DECLARACIÓN_SOLICITUDE PERSOAL COLABORADOR_24-25

ANEXO IV ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO_24-25

 MOI IMPORTANTE: Documentación remitida polo Servizo de Xestión de Comedores Escolares o 04/07/2024 ás 11:36 H.

CORRECCIÓN ERROS NAS INSTRUCIÓN 1/2024 COMEDORES XESTIÓN DIRECTA e 2/2024 COMEDORES XESTIÓN INDIRECTA

MODELO REQUERIMENTO COMEDOR ESCOLAR

Nota: De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 os centros farán chegar ás familias dos comensais admitidos ao comedor o modelo-impreso de autodeclaración de prezos públicos recollido no Anexo II desta instrución (páxinas 50 a 55); autodeclaracións que deberán ser entregadas nos centros cubertas en todos os seus extremos antes do 01/09/2024

(Dende mañá, luns 01/xullo/2024 até o venres 05/xullo/2024 inclusive, o centro estará aberto de 10:00 a 14:00 horas para a entrega física do referido Anexo II. De aí en diante -respectando a data límite- deberá ser remitido por correo electrónico a ceip.cesuras@edu.xunta.gal ).

CONVOCATORIA FONDO LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL, CURSO 2024/25 (actual. 17/09/2024)

Até o 21 de xuño de 2024 poderanse presentar as solicitudes do fondo solidario de libros e axudas de libros de texto e material.

As consultas atenderanse por teléfono (881880509) ou por correo electrónico (ceip.cesuras@edu.xunta.gal).

Para realizar o trámite presencialmente é MOI recomendable solicitar cita previa (do contrario non se garante a atención).

Documentación a entregar:

  • Solicitude (Anexo 1)
  • Anexo  II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente (onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar)
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar sentenza xudicial ou convenio regulador

 

LISTADO DE LIBROS para o curso 2024/25

 

LISTADO DE MATERIAL curso 2024/25

 

  • Infantil: o listado de material será facilitado o 10 de setembro e explicarase na reunión coas familias dese mesmo día á tarde; lémbrase ás familias de infantil que non se sintan agobiandas polo feito de adquirir o material pois o centro conta con suficiente material para o longo dos primeiros días de curso.

CONCURSO DE POESÍA E DEBUXO

Os Equipos de ACEE, Biblioteca e EDLG do CEIP Plurilingüe Bragade convocamos de novo o Concurso de Poesía (para Primaria) e o Concurso de Debuxo (para Infantil) 2024 do cole.

Deste xeito conmemoraremos o Día Mundial da Poesía e o Día Meteorolóxico Mundial, 21 e 23 de marzo respectivamente.

As poesías, que serán en galego, e debuxos deberán versar sobre o tempo meteorolóxico e/ou o cambio climático e faranse nunha cartolina (tamaño folio dinA4), a cal nola podedes pedir.

Haberá 1 premio para cada participante e outro especial por nivel!!!

Ánimo! A concursar!

Límite de entrega: xoves 21/marzo ás 14:30 H.

Entrega de premios: venres 22/marzo

Actividade enmarcada nos programas de innovación educativa “04. EDUsostibilidade” (CONTRATOS-PROGRAMA CPinnova) e “37. Proxectos de innovación en dinamización lingüística” (Plan Proxecta+).

ADMISIÓN e MATRÍCULA NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024/25 (actualizado 23/06/2024)

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: ADMISIÓN NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024/25

SOLICITUDE ORDINARIA DE ADMISIÓN PARA O NOVO ALUMNADO DO 1 ao 20 de marzo de 2024, ámbolos dous inclusive. PDF explicativo PEC coa información premendo a seguinte ligazón na imaxe anterior.

 

PROCEDEMENTO DE ADMISION DE ALUMNADO para o CURSO 2024/2025

Desde o venres día 1 ata o 20 de marzo de 2024 permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024/25, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria que desexa cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

 Poden realizar as súas consultas no teléfono 881880509 ou no correo electrónico ceip.cesuras@edu.xunta.gal 

  • Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: 25 de abril.
  • Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido: 15 de maio.
  • Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 INFORMACIÓN

IMPRESOS

 

MATRÍCULA ESCOLAR E OUTRAS ACTUALIZACIÓNS

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25

NOTA MOI IMPORTANTE: Debido a que a Dirección do centro (membro único no Equipo Directivo) está a presidir un Tribunal de Oposicións non poderá atender físicamente as solicitudes, quedando de encargada -e sempre dependendo da súa dispoñibilidade- a Mestra Dª. Alexia Aguiar. A tal fin, prégase solicitar cita previa para garantir a atención.

O horario de atención presencial será entre semana do 20 ao 30 de xuño de 2024 en horario de mañá e sempre tras petición de cita previa (881 880 509 ou ceip.cesuras@edu.xunta.gal).

DOCUMENTACIÓN (pódese descargar a través das ligazóns):

  • Impreso de matrícula: ANEXO_III-1_EDUCACIÓN INFANTIL ou ANEXO_III-1_EDUCACIÓN PRIMARIA
  • Fotocopia da TARXETA SANITARIA da/o alumna/o
  • Fotocopia completa do LIBRO DE VACINAS
  • CERTIFICADO MÉDICO da/o pediatra da/o alumna/o
  • De se o caso, CERTIFICADO DE MATRÍCULA (só se vén doutro centro de 2º ciclo Inf. ou Primaria)
  • 2 FOTOGRAFÍAS (non serven fotocopias a cor) tamaño carné, co nome e apelidos da/o alumna/o polo reverso
  • Documento de autorización da familia para a solicitude da matrícula (se non se presentou antes)

Ademais, se non se presentou na admisión:

  • FORMULARIO DE SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR
  • Orixinal do LIBRO DE FAMILIA ou DNI da/o alumna/o e fotocopia
  • CERTIFICACIÓN DE PADRÓN
  • CERTIFICACIÓN DE MINUSVALÍA (se o houber)
  • De ser o caso, CERTIFICADO DE CUSTODIA, SENTENZA XUDICIAL DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO
  • CERTIFICADO DE MATRÍCULA do colexio de procedencia, no caso de cambio de centro
  • Calquera outra información/documentación da cal o centro deba/proceda ter coñecemento.

Non dubidedes en poñervos en contacto connosco ante calquera dúbida

Distribuir contido


by Dr. Radut