Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación primaria

Novas tarefas para 6º EP en Aula Virtual Santillana

Boas de novo!

Infórmovos que tedes novas tarefas de Matemáticas e Lingua Castelá asignadas na Aula Virtual de Santillana para que vaiades facendo ao longo desta semana.

Para acceder debedes seguir este enlace e entrar co usuario e contrasinal que vos enviei mediante abalarMóbil.

Tamén vos deixo a continuación un test de Ciencias da Natureza:

Test: A clasificación dos seres vivos.

Crucigrama sobre os animais.

Moito ánimo e a seguir na casiña!

Apertas

Isa

TAREFAS 6ºE.P. (Inglés)

Adxunto tarefas para realizar o luns, 23 de marzo.

 

- Reading comprehension (Preparation and Game): 

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/reading-practice/the-uk

 

- Listening (Preparation and Game)

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/short-stories/nessie-the-loch-ness-monster

 

 

PROPOSTA DE MÚSICA PARA O MARTES 24 DE MARZO

      Repasamos a escala musical coa frauta.Posicións de frauta. 

     Practicamos Titanic

     Xogo: Trivial musical

Máis recomendacións e enlaces aos LibroNet de Santillana

Ola, alumnado de sexto e familias!

 

Algunhas e algúns de vós estádesme dicindo que tedes problemas para ver as actividades interactivas que publiquei onte nesta web, polo tanto, intentarei tamén facilitarvos actividades para facer ao modo tradicional, ademais de máis contido interactivo.

 

Propóñovos tamén para a materia de Ciencias da Natureza, que fagan un resumo dos temas 5 e 6 e preparen unha exposición oral para expoñela na casa. Incluso, se vos parece ben, podedes gravar en vídeo a exposición e enviarma por correo electrónico ao seguinte enderezo:

 

clasesextocentieiras@gmail.com

 

Ademais, se estades de acordo e me dades permiso, podo subir os vídeos das exposicións ao blog de sexto, para podernos ver as caras, aínda que sexa a través dunha pantalla.

 

En Matemáticas, poden practicar os números decimais: sumas, restas, multiplicacións, divisións e problemas. Prepararei unha serie de actividades deste tipo coas solucións para que as poidades corrixir na casa.

 

En canto ás Linguas, ademais de escribir o diario que vos propoñía onte, poden repasar a gramática con análise morfolóxica e facendo esquemas dos tipos de palabras. Tamén é moi importante que lean a diario.

 

Finalmente, déixovos tamén por aquí os enlaces aos LibroNet da editorial Santillana de Matemáticas e Ciencias da Natureza, aínda que este último está en castelán, para que as nenas e nenos poidan seguir practicando desde a casa:

 

Matemáticas

Ciencias da Natureza

 

Unha aperta e moito ánimo!

 

Isa

 

SUXERENCIAS DIDÁCTICAS CCSS 6º EP

Ola alumnado, ola familias!

Tendo en conta a situación actual na que nos atopamos por mor do que todo o mundo sabe, vémonos na obriga de poder facilitarvos algunha que outra recomendación para os vosos fillos/as. O traballo será máis ben de reforzo sobre algo que xa demos ou que estemos a dar. Quixen, dentro da dificultade e novidade que isto supón para todo o mundo, facelo o máis atraínte posíbel. Por tal motivo, pensei en vídeos explicativos para as vosas idades. Sempre queda millor na mente a información se é presentada de xeito audiovisual. Son vídeos atraíntes e moi curtos cunhas moi boas expliacións e xogando, que é como millor se aprende. (Espero e desexo que teñades acceso a Internet e dispoñades de ordenador).

Primeiramente visualizade o vídeo ata entender ben o que nos está a dicir. De non ser así podedes voltar para atrás e poñelo de novo cantas veces queirades.

A continuación, dareivos uns enlaces para traballar recursos interactivos sobre o que vístedes.

Por último, marcareivos algún/s exercicio/s que podedes facer empregrando o libro de texto (se o levástedes para a casa, claro).

Se queredes traballar, entretervos e aprender… tedes material a fartar!!!

Non deixedes de ler, repasar, estudar, xogar, pintar, axudar nas tarefas da casa e sobre todo… coidádevos, e sede moi puntillosos coas medidas hixiénicas e as obrigas que debemos ter en conta. Ah!, esquecíame. Portádevos ben, que son moitas horas as que nos quedan de estar pechados nas casas. Ánimo!!!

#YoMeQuedoEnCasa

 

RECURSOS AUDIOVISUAIS

·         La población en España I     

https://www.youtube.com/watch?v=Jx0KxcWpO6M

·         La población en España II

https://www.youtube.com/watch?v=4NdMAONzJ10

·         La población en Europa

https://www.youtube.com/watch?v=_1sr02IlpUw

·         Las migraciones en España

https://www.youtube.com/watch?v=WpB9tDIzolU

·         Los sectores económicos

https://www.youtube.com/watch?v=MnJyAEYgHjQ

·         El sector primario en España y Europa

https://www.youtube.com/watch?v=sY26a71Bvvc

·         El sector secundario en España y Europa

https://www.youtube.com/watch?v=JxMlCoqFXLU

·         El sector terciario en España y Europa

https://www.youtube.com/watch?v=IhoalzoLUfM

RECURSOS INTERACTIVOS

·         El estudio de la población

http://www.infantil.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/5EP_Cono_cas_ud12_estudio_poblacion/frame_prim.swf

·         La distribución de la población

http://www.infantil.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/6EP_Cono_cas_ud14/frame_prim.swf

·         Habitantes de una localidad

http://ceiploreto.es/sugerencias/agrega_cono/Habitantes_de_una_localidad/index.html

·         La inmigración

http://ceiploreto.es/sugerencias/agrega_cono/La_inmigracion/contenido/index.html

·         El censo y el padrón

http://ceiploreto.es/sugerencias/agrega_cono/El_censo_y_el_padron/contenido/index.html

 

·         El trabajo y las profesiones

http://ceiploreto.es/sugerencias/agrega_cono/El_trabajo_y_las_profesiones/contenido/index.html

·         El ocio, fiestas y vacaciones

http://ceiploreto.es/sugerencias/agrega_cono/El_ocio_fiestas_y_vacaciones/index.html

·         La población de España

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cono_tercer_ciclo/poblacion_espana/actividades/poblacion01.htm

·         Actividades económicas de España. Sector Primario

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cono_tercer_ciclo/economia_espana/actividades/primario01.htm

·         Actividades económicas de España. Sector Secundario

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cono_tercer_ciclo/economia_espana/actividades/secundario01.htm

·         Actividades económicas de España. Sector Terciario

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cono_tercer_ciclo/economia_espana/actividades/terciario01.htm

·         Las actividades económicas de España

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cono_tercer_ciclo/economia_espana/actividades/repaso01.htm

·         Las actividades económicas en España

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cmedio6/las_actividades_economicas_en_espana/index.htm

·         Los sectores económicos en España

http://www.infantil.librosvivos.net/archivosCMS/3/3/16/usuarios/103294/9/6EP_Cono_cas_ud14_sectoreseconom/frame_prim.swf

 

 

·         El Sector Primario en Europa

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/sexto_curso/sociales_6/europa_sector_primario_6/europa_sector_primario_6.html

·         El Sector Secundario en Europa

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/sexto_curso/sociales_6/europa_sector_secundario_6/europa_sector_secundario_6.html

·         El comercio en Europa

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/sexto_curso/sociales_6/europa_comercio_6/europa_comercio_6.html

·         La economía de Europa

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/sexto_curso/sociales_6/europa_economia_6/europa_economia_6.html

·         El transporte en Europa

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/sexto_curso/sociales_6/europa_transporte_6/europa_transporte_6.html

·         El turismo en Europa

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/sexto_curso/sociales_6/europa_turismo_6/europa_turismo_6.html

·         Las actividades económicas en Europa

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cono_tercer_ciclo/europa/actividades_unidad_11/economia01.htm

·         La población y las actividades productivas

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cmedio6/la_poblacion/index.htm

LIBRO DE TEXTO

Rematar de ler ben o tema e facer algún exercicio. Por exmplo…

·         Páxina 73, exercicios: 1 e 2

·         Páxina 74, exercicios: 1, 3, 4 e 5

TAREFAS 6ºE.P. (Inglés)

Velaquí vos deixo unha actividade de comprensión lectora e dous xogos de palabras 

relacionados co vocabulario que traballamos nesta última unidade. 

 

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/reading-practice/computers

ACTIVIDADES DE REPASO PARA 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias e alumnado de 6º de Educación primaria:

A continuación déixovos unha serie de enlaces a vídeos educativos e actividades de repaso clasificados por materias para que as nenas e nenos de 6º poidan repasar contidos traballados na clase:

 

MATEMÁTICAS:

Repasa qué son los números decimales con estos vídeos:

¿Qué son los números decimales?

Introducción a los números decimales.

Números decimales.

Si te fijas, verás que vivimos rodeadas y rodeados de números decimales. Pincha aquí y lo comprobarás.

Ahora practica los números decimales con las siguientes actividades:

Escritura y descomposición de números decimales.

Escritura de números decimales.

Lectura y escritura de números decimales.

·  

LENGUA CASTELLANA:

Repasa el verbo con estos vídeos:

El verbo.

Formas personales y no personales del verbo.

Ahora practica el verbo con esta actividad.

 

LINGUA GALEGA:

Repasa ditongos, tritongos e hiatos con esta actividade.

 

Outra actividade que pode resultar interesante pode ser escribir un diario destes días que están sendo tan diferentes da nosa rutina habitual. Podes escribir o teu diario a ordenador ou a man en calquera caderno que teñas na casa ou escribilo en follas soltas, iso si, ten coidado de non perder as páxinas. Para escribir o teu diario segue estas recomendacións:

  1. Comeza escribindo a data, é moi importante que cada entrada do diario teña a súa data correspondente.
  2. Redacta as túas vivencias do día, só o que consideres máis importante. Non é preciso detallar todo o que fas ao longo do día. Debemos evitar enumeracións de actividades do tipo “levanteime, ducheime, vestinme, almorcei, xoguei...”. Cada entrada debe ser breve e conter só aquilo máis salientable.
  3. Un diario persoal é un texto que contén as ideas e sentimentos de quen o escribe, así que explica no teu diario de xeito breve e claro como te sentes con esta situación que estamos a vivir, como estás levando ter que estar encerrada ou encerrado na casa e expón a túa opinión da situación actual pola pandemia do coronavirus.
  4. Como se trata dun texto persoal, podes decoralo ou ilustralo como máis che guste, é dicir, podes engadir debuxos para ilustrar o que contas, fotos, textos de cores, unha portada... o que prefiras.
  5. Lembra que se non estás segura ou seguro de como se escribe algunha palabra ou non coñeces o seu significado, podes consultala no dicionario en liña da Real Academia Galega. Este dicionario tamén ten un buscador de sinónimos, que che pode axudar a evitar repetir moitas veces a mesma palabra.

 

CIENCIAS DA NATUREZA:

Actividade de repaso sobre os seres vivos.

Actividade de repaso sobre o reino animal.

 

Moito ánimo para todas e todos e unha aperta moi forte!

 

Asdo.: Isa Torrente, titora de 6º de Educación primaria.

Visitamos o IES Fene e o CPI A Xunqueira

Todos os anos antes de facer a reserva de matrícula visitamos os futuros centros. Coma sempre tratáronnos fenomenal!

 

CHRISTMAS MARKET

Onte tivo lugar o noso primeiro Mercado Navideño, Christmas Market, no vestíbulo do cole. Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria queremos ir de excursión de fin de curso. Xunto coas  familias traballamos moito elaborando adornos navideños nuns obradoiros polas tardes, todo feito a man. A venda foi un éxito e rematamos a xornada cunha comida de Nadal. Grazas a todos e todas os que fixéstedes posible o éxito desta iniciativa. 

Distribuir contido