Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Máis recomendacións e enlaces aos LibroNet de Santillana

Ola, alumnado de sexto e familias!

 

Algunhas e algúns de vós estádesme dicindo que tedes problemas para ver as actividades interactivas que publiquei onte nesta web, polo tanto, intentarei tamén facilitarvos actividades para facer ao modo tradicional, ademais de máis contido interactivo.

 

Propóñovos tamén para a materia de Ciencias da Natureza, que fagan un resumo dos temas 5 e 6 e preparen unha exposición oral para expoñela na casa. Incluso, se vos parece ben, podedes gravar en vídeo a exposición e enviarma por correo electrónico ao seguinte enderezo:

 

clasesextocentieiras@gmail.com

 

Ademais, se estades de acordo e me dades permiso, podo subir os vídeos das exposicións ao blog de sexto, para podernos ver as caras, aínda que sexa a través dunha pantalla.

 

En Matemáticas, poden practicar os números decimais: sumas, restas, multiplicacións, divisións e problemas. Prepararei unha serie de actividades deste tipo coas solucións para que as poidades corrixir na casa.

 

En canto ás Linguas, ademais de escribir o diario que vos propoñía onte, poden repasar a gramática con análise morfolóxica e facendo esquemas dos tipos de palabras. Tamén é moi importante que lean a diario.

 

Finalmente, déixovos tamén por aquí os enlaces aos LibroNet da editorial Santillana de Matemáticas e Ciencias da Natureza, aínda que este último está en castelán, para que as nenas e nenos poidan seguir practicando desde a casa:

 

Matemáticas

Ciencias da Natureza

 

Unha aperta e moito ánimo!

 

Isa