Saltar navegación.
Inicio

Concursos de Nadal

Ola Bulideir@s!

 

Vai acabando novembro e xa se nota no ambiente que o Nadal está preto. Con tal motivo, animámosvos a participar nos Concursos de relato curto de Nadal que vimos celebrando por segundo ano consecutivo. 

 

Desta vez, como o proxecto interdisciplinar é "O mar: Cangas, vila mariñeira", cada categoría esixirá diferentes detalles relacionados co mar para poder optar a premio.

 

Este curso hai 4 categorías:

 

- Categoría para Educación Infantil e 1º de Educación Primaria (neste caso, en lugar de relato presentarase un debuxo).

- Categoría para 2º e 3º EP.

- Categoría para 4º, 5º e 6º de EP.

- E por último, como novidade este ano, categoría para as FAMILIAS.

 

As datas de entrega serán entre o 28 de novembro e o 15 de decembro. 

 

O relato deberá entregarse na Biblioteca: poderás meter a túa participación na caixa vermella que haberá enriba do mostrador de préstamo. Os pequenos de Educación Infantil e 1º e 2º EP poderán entregarllo aos seus titores, quenes as deixarán todas xuntas o último día de prazo na caixa vermella. As familias poderán entregar a súa participación en conserxería, onde serán recollidas posteriormente polos membros do equipo de biblioteca.

 

Haberá só un premio por categoría, que incluirá un diploma acreditativo e un pequeno agasallo.

 

Aquel alumnado que participe levará, ademais, selo no carné de puntos para participar no sorteo de final de curso.

 

Animádevos a participar!

 

Buliapertas!