Recomendacións da aula de PT
Ola a todos! Dende a Aula de PT do cole imos presentar algunhas ideas para seguir traballando e aprendendo pero dun xeito máis lúdico.
XOGAMOS CO PARCHÍS:
XOGAMOS COA BARALLA DE CARTAS:
En primeiro lugar, propoñémosvos varios xogos coa baralla de cartas, que seguro que todos temos unha (ou varias) na casa. (Premede na imaxe para descargar as instrucións):
XOGAMOS CO DOMINÓ:
Tamén vos propoñemos uns dominós para traballar as sumas e as táboas de multiplicar (Premede máis abaixo para descargalos, imprimilos e recortalos):
|
EXERCITAMOS A NOSA MEMORIA:
Ademais, podedes descargar uns memorys para traballar a memoria e repasar os demostrativos. (Premede neles para descargalos):
|
TRABALLAMOS A NOSA ATENCIÓN:
Finalmente, propoñémosvos outro xogo para traballar a atención e a discriminación visual. (Premede neles para descargalos):
Atención e discriminación visual. |
Un saúdo dende a aula de PT e moito ánimo a todos!!!!