Saltar navegación.
Inicio

Horta

 

Presentámosvos: A escoliña verde .

Un novo espazo no centro deseñado cunha finalidade: A participación de todo o noso alumnado e as familias nos nosos proxectos da horta.

Queremos implantar no alumnado a filosofía da aprendizaxe mediante o disfrute de pequenos momentos en zonas verdes.

Xa estamos medrando en verde!!

Os nosos obxectivos son:

-A concienciación ambiental do noso alumnado. (Reducir o consumo de plásticos e ensinar a reciclar).

- Plantar e recolectar en cada estación.

- Valorar a produción ecolóxica e o esforzo e tempo investido nos produtos.

- Coñecer o mundo vexetal: ciclo vital, partes, necesidades,…

- Adicarlle tempo, agarimo e coidados á natureza para gozar dos produtos cos que ésta nos agasalla.