semanadaprensa

SEMANA DA PRENSA

Ao londo de toda a semana do 11 ao 15 de abril, todo o alumnado do centro estivo traballando coa prensa de moi diferentes modos.

Na Biblioteca do centro, en concreto, puideron coñecer e manipular, por primeira vez para moitos/as deles/as, prensa estranxeira.

Así mesmo, aproveitando que estamos a traballar arredor do tema "Os animais en perigo de extinción", no corredor de direción, expuxéronse numerosas novas en relación a este tema. Case todas as aulas fixeron a súa aportación e grazas a isto, enterámonos de cousiñas moi interesantes...