CIRCULAR INFORMATIVA

O vindeiro luns 11 de setembro comezarán as actividades lectivas que se desenvolverán no horario habitual do centro, que é de  09:00 a 14:00 horas para todo o alumnado, agás para o de 4º de Ed. Infantil (3 anos), que ten un horario específico de adaptación escolar.

Tamén haberá os servizos de transporte e comedor escolar.

As entradas ao centro realizaranse da seguinte maneira:

As cancelas abriranse ás 08:50 horas só para persoas autorizadas e/o alumnado do centro, que accederán ao mesmo polas entradas que a continuación especificamos:

O alumnado transportado e o alumnado de Educación Infantil entrará polo portalón grande situado ao lado do estacionamento dos autobuses (Rúa Pascual Veiga).

O alumnado non transportado de Primaria entrará, indistintamente, polo portalón grande da R/ Pascual Veiga (zona de autobuses) ou pola cancela pequena da R/ Nicolás del Río (zona do antigo Bar de Susa).

As saídas seguiranse realizando de forma graduada. Cada curso ten unha hora e unha zona de saída asignada:

Os/as alumnos/as que non quedan ao comedor serán acompañados polo/a mestre/a que tivese clase con eles/as a última hora ata o portal polo que lles corresponde saír e que se especifica a continuación:

Os/as alumnos/as de  3 anos sairán ás 13:50 horas polo portalón dos autobuses.(Rúa Pascual Veiga)

Os/as alumnos/as de  5 anos sairán ás 13:55 horas pola cancela do patio de infantil.(Rúa Pascual Veiga)

Os/as alumnos/as de  4 anos sairán ás 14:00 horas pola cancela do patio de infantil. (Rúa Pascual Veiga)

Os/as alumnos de 1º E.P. sairán ás 13:55 horas polo portalón dos autobuses.(Rúa Pascual Veiga)

Os/as alumnos/as de  2º E.P. sairán ás 14:00 horas polo portalón dos autobuses.(Rúa Pascual Veiga)

Os/as de 3º e 4º E.P. sairán ás 13:55 horas pola cancela da Rúa Nicolás del Río.

Os/as de 5º e 6º E.P. sairán ás 14:00 horas pola cancela da Rúa Nicolás del Río.

Se algún alumno/a ten que abandoar o centro con algunha persoa que non é o seu pai/nai ou titor/a legal, que recorde asinar a corresponde autorización antes da hora da saída.

Non esquezan comunicar ao centro, se é oportuno e relevante para o desenvolvemento da vida escolar,  todos os cambios que se produciran desde o curso pasado en cuestións de intolerancias, alerxias, custodias, cambios de domicilio, de número de contacto .... 

Para calquera dúbida, poden chamar á secretaría do centro 881 880 881

Grazas pola súa colaboración.

O Equipo Directivo.