Dende o 4 ata o 8 de xullo (ambos incluídos) as familias poderán recoller os VALES para o Material/Libros que lle fosen concedidos.
Poderedes consultar telefónicamente se vos foi concedido o vale ou non, chamando ao 881880881 ou presencialmente na secretaría do centro.
De non poder vir a recoller os vales a persoa que exerza a titoría legal do alumno/a, pódese autorizar por escrito a calquera outra persoa (debe entregar esa autorización no momento da entrega do VALE).
O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NESTES DÍAS SERÁ DE 9:00 A 14:00 HORAS.
SE NON PODEDES VIR A RECOLLER OS VALES NESTAS DATAS, PODEREDES FACELO EN SETEMBRO.