RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL/LIBROS

Dende o 1 ata o 9 de xullo (ambos incluídos) as familias poderán recoller os VALES para o Material/Libros que lle fosen concedidos.


Poderedes consultar telefónicamente se vos foi concedido o vale ou non, chamando ao 881880881 ou presencialmente na conserxería do centro.

 

De non poder vir a recoller os vales a persoa que exerza a titoría legal do alumno/a, pódese autorizar por escrito a calquera outra persoa (debe entregar esa autorización no momento da entrega do VALE).

 

O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NESTES DÍAS SERÁ DE 9:00 A 14:00 HORAS.

SE NON PODEDES VIR A RECOLLER OS VALES NESTAS DATAS, PODEREDES FACELO EN SETEMBRO.

 

LEMBRAMOS:

- EN EDUCACIÓN INFANTIL NON HAI VALES DESTE TIPO.

- EN 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA HAI OPCIÓN DE TER VALE DE MATERIAL E/OU VALE PARA LIBROS DE TEXTO.

- EN 3º, 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA HAI OPCIÓN DE TER VALE DE MATERIAL (NON DE LIBROS DE TEXTO). 

 

PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022, HABERÁ NO CENTRO EXEMPLARES DE TODOS OS LIBROS PARA O TODO O ALUMNADO DE 3º A 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, INDEPENDENTEMENTE DE QUE SOLICITASEN O FONDOLIBROS. SERÁN ENTREGADOS POLO MESTRE/A TITOR/A NO MES DE SETEMBRO.

 

No caso de ter sido excluído/a na concesión do VALE e querer facer unha reclamación, poderedes achegarvos ao centro (do 1 de xullo ao 6 de xullo en horario de 9:00 a 14:00 horas), e na Secretaría xa vos informan do motivo de exclusión e do procedemento para reclamar.

 

O EQUIPO DIRECTIVO