MASTERCLASS DO GRUPO "OS VIQUEIRAS"

O 24 de outubro, tivemos na aula de Música do noso cole unha Masterclass con Manuel Viqueira, gaiteiro do grupo "Os Viqueiras" de Ordes.

Desta volta asistiu o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, pero o resto do alumnado desta etapa está agardando a súa quenda, que será en breve.

Foi unha clase moi didáctica onde nos ensinou as partes dunha gaita, que é e como se fai un aturuxo e cantamos e bailamos con el.

Premede no debuxo para escoitar como tentamos aturuxar (quédanos moito que practicar!!)...

Resultado de imagen de niños gritando dibujo

 

 

MOITAS GRAZAS MANUEL POLA TÚA COLABORACIÓN CO NOSO CENTRO!