XOGOS NO PATIO

O alumnado xa non está no centro, pero aquí o traballo non para...

Ademais de colocar, baleirar e limpar as aulas, cubrir informes, elaborar memorias e toda burocracia de final de curso; parte do profesorado do centro está aproveitando estes días para renovar o aspecto do patio de Educación Infantil.

Estamos debuxando diferentes xogos tradicionais no chan para darlle ao noso alumnado unha gran sorpresa cando volva en setembro.

 

E isto é só o comezo...

Agardamos que sexan un éxito!!