PROGRAMA PRENSA-ESCOLA

O alumnado de 3º de Educación Primaria do cole puido desfrutar dunha introdución ao periodismo a través dunha actividade do Programa Prensa-Escola da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Recibiron a visita do periodista Xurxo Melchor (La Voz de Santiago) e afondaron no proceso de elaboración das noticias e do funcionamento dun xornal.