INFORMACIÓN SOBRE AS ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Este ano haberá eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centro. A continuación tedes acceso a distinta información sobre o proceso. 

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL.

NORMATIVA REGULADORA DOS CONSELLOS ESCOLARES E CIRCULARES ACLARATORIAS.

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario (DOG, 29/04/88).

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización das eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. 

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ELECCIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR: 

 

25 DE OUTUBRO DO 2024:

- Constitución da Xunta Electoral.

28 DE OUTUBRO DO 2024:

-Publicación da convocatoria de eleccións nos diversos sectores educativos (profesorado, pais/nais, PAS).

- Publicacón provisional dos censos electorais.

DO 1 Ó 8 DE NOVEMBRO:

- Presentación de candidaturas dos sectores (profesorado, pais/nais/PAS). 

11 DE NOVEMBRO:

Celebración da segunda reunión da Xunta Electoral. 

- Proclamación e posterior publicación de candidaturas. 

- Aprobación definitiva do censo electoral. 

- Sorteo das mesas electorais pais/nais e PAS.

14 DE NOVEMBRO:

- Terceira reunión da Xunta Electoral. 

18 Ó 22 DE NOVEMBRO:

- Votación para todos os sectores. 

25 DE NOVEMBRO:

- Cuarta e última reunión da Xunta Electoral. 

- Proclamación de candidatos/as electos/as. 

ANTES DO 12 DE DECEMBRO:

- Remisión do informe do proceso de constitución do Consello Escolar ao Departamento Territorial.