CAMPIONATO INTERZONAL DE CAMPO A TRAVÉS (21/1/2017)

 

O pasado sábado, 21 de xaneiro, un total de 10 escolares do C.E.I.P. A.D.R. Castelao participaron na Fase Interzonal de Campo a Través, proba que se desenvolveu no circuíto da Alameda de Santiago de Compostela e que era clasificatoria para o Campionato Provincial que se disputará o 18 de febreiro na Pobra do Caramiñal.

A actuación d@s nos@s escolares foi, unha vez máis, moi destacada, acadando o primeiro posto por equipos na categoría alevín feminino, o terceiro posto individual de Nadia González na mesma categoría e o cuarto de Samuel Fariñas en infantil masculino, ademais da boa participación a nivel xeral do resto de integrantes.

Con estes resultados, son 7 os e as integrantes do noso centro que poderán participar no Campionato Provincial que se disputará no circuíto de Cabío, na Pobra do Caramiñal, o sábado 18 de febreiro.