ROMARIA FAMILIAR 5Oº ANIVERSARIO DO CEIP ADR CASTELAO

 

Hoxe celebrouse a Romaría familiar de celebración do 50º aniversario do CEIP ADR Castelao. A pesar da chuvia e de ter que cambiar o plantexamento inicial da festa, foi un día moi fermoso no que maiores e cativos puideron desfrutar de diversas actividades: exposición de fotos e libros antigos, de baile, maxia, xogos,  chuches... 

Desde o Equipo Directivo queremos facer varios agracedementos:

A ANPA CEIP ADR Castelao, que se fixo cargo do custo da actuación do mago e dos obradoiros da tarde.

O Concello de Ordes, que nos proporcionou as mesas e as cadeiras, o grupo de música infantil e o DJ.

A Asociación Camiño Real de Poulo, que veu de forma desinteresada con algún dos seus membros a tocar, a cantar e a bailar para amenizar a xornada.

A Asociación As Mariñas, que realizaron as exhicións de baile moderno e ximnasia rítmica, actividades extraescolares ás que asisten algunhas alumnas do centro. En colaboración coa ANPA, foron os encargados de desenvolver os obradoiros e xogos de pola tarde.

A todas as familias participantes, porque sen elas non habería festa.

Aos compañeiros/as, amigos/as e familiares que nos axudaron a preparar todas as intalacións antes da festa e a recoller ao final.

A todos GRAZAS con maiúsculas.

A continuación deixámosvos unha pequena mostra en imaxes, do que foi a festa.

CEIP ADR CASTELAO,

50 ANOS AO TEU CARÓN.