Skip to Content

blogue deadmin

HORARIO XUÑO

Informamos que a partir do vindeiro XOVES 1 DE XUÑO e segundo as instrucións fixadas pola Xefatura Territorial, o centro cambia a HORARIO de VERÁN, para adaptarse ao transporte escolar. A hora de entrada será ás 9.30 e a saída para os alumnos/as que non son usuarios/as do comedor escolar será ás 14.30. Os usuarios de transporte e comedor sairán ás 15.30.

PONTE DE MAIO

Lembrámosvos que o vindeiro 2 de maio non haberá clases, polo que a actividade escolar reanudarase o mércores 3.

Saída Ed Infantil

O vindeiro venres 31 de marzo, os alumnos de ed. infantil visitarán a Feira do Libro de Verin acompañados polas súas titoras. Posteriormente farán unha visita ao castelo de Monterrei. A saída está prevista para as 10:00h da mañá e a chegada ás 16:00h do serán.

RESTABLECEMENTO DO TRANSPORTE ESCOLAR

Comunícannos que se restablece o servizo de transporte escolar a partir das 12.00, polo que este servizo funcionará con regularidade para a volta aos domicilios á saída do centro ás 16.00. 
Se houbera algunha novidade por causa das condicións climatolóxicas, comunicaríamolo nestes mesmos medios.

ALERTA POR NEVE

SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA

 

ACTÍVASE a alerta AMARELA E LARANXA por nevadas os días 22 e 23 de marzo en Galicia.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVADASpara os días 22 e 23 de marzo de 2017, que afectarán a tódalas provincias de Galicia.

 

Aínda que non se suspende a actividade docente, no caso de que as circunstancias meteorolóxicas na localidade onde se atopa o centro de ensino supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior ou as extraescolares.

Distribuir contido


by Dr. Radut