Skip to Content

blogue deadmin

Exposición Arte Moderna

Mañá, día 7 de febreiro o alumnado de Primaria asistirá a unha exposición de Pop Art en Ourense, dentro do horario escolar. A saída está prevista para as 10:00h da mañá.

Día da Paz

Os nenos e nenas do CEIP Carlos Cid Arregui tamén conmemoramos o día da Paz. Se queredes ver algunhas fotos premede no link.

Paz 2017.

1º e 2º Primaria FINALISTAS no concurso de XORNAL ESCOLAR LA REGIÓN

Os nenos de 1º e 2º de E.P xunto coa súa profesora Sara veñen de clasificarse coma FINALISTAS no Concurso "Mellor Xornal Escolar", organizado polo xornal La Región. Agora loitarán por gañar na súa categoría contra outros colexios.

Boa Sorte! 

Saída Ed Infantil

Mañá martes 31 os nenos e nenas de Ed Infantil irán a Xinzo a unha sesión de contacontos e posteriormente visitarán o Museo do Entroido.

A saída está prevista para as 10:30h da mañá.

FESTIVAL DE NADAL

O vindeiro mércores, 21 de Decembro quedades todos e todas convidados ao Festival de Nadal 2016. Comezamos as 10:00 horas, sede puntuais.

FELICES FESTAS

 

Lembrade que voltamos o día 9 de Xaneiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut