Skip to Content

blogue deadmin

REUNIÓN PAIS/NAIS

O vindeiro mércores 20 de setembro terá lugar a reunión inicial de curso cos pais, nais. Serás as 15.30h no salón de actos do colexio.

CURSO ESCOLAR 17-18

BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 2017-18!

O comezo do curso para os alumnos e alumnas deste centro está previsto para o luns, 11 de setembro en horario de 9:30 a 15:30, incluído o comedor.

Os nenos/as de 4º curso de Ed. Infantil (3 anos) comezarán o período de adaptación, seguindo as instruccións facilitadas polas súas titoras.

Graduación e festa fin de curso 2017

O vindeiro venres 23 de xuño ás 10.00 da mañá celebraremos a graduación dos nenos/as de 6º de E.I. e de 6º de E.P no salón de actos do colexio ao que todas as familias implicadas estades invitadas. Ao rematar todos os alumnos e alumnos do centro gozarán dunha festa de fin de curso no patio. Ese día o servizo de comedor funcinará antes pois o transporte virá a recollelos as 13:30h.

Excursión Fin de Curso

A excursión de fin de curso programada para o mércores 21 de xuño non se pode realizar por mor da folga do transporte escolar. Deste xeito será aprazada para o día seguinte, xoves 22. A hora de saída está fixada para as 9:30 aproximadamente e a chegada para as 18:15/18:30.

Non haberá servicio de transporte pola tarde co que cada pai/nai deberá recoller aos seus fillos. Recoméndase traer roupa cómoda e traer aplicado protector solar xa dende a casa.

Devolución Libros en préstamo

Dende a dirección do centro recordamos que o alumnado de terceiro, cuarto e quinto de educación primaria ten a obligacion de devolver os libros que pertencen ao fondo solidario do centro. Poden entregalos ata o venres dia 23/06

Distribuir contido


by Dr. Radut