Skip to Content

blogue deadmin

O outono

Durante todo o mes de novembro e parte de decembro, teremos no hall do cole unha mostra de productos típicos de outono. Pedimos a vosa colaboración para que enviedes, por medio dos vosos nenos/as, as aportacións que creades oportunas.

A exposición estará aberta a todo o mundo que desexe ir vela.

Grazas a todos

Títeres en Xinzo de Limia

O vindeiro mércores 11 de outrubro os alumn@s de 1º,2º e 3º de Ed Primaria irán a Xinzo para asistir a representación da obra de teatro "A galiña azul" de Carlos Casares. A saída será dentro do horario escolar.

CALENDARIO ESCOLAR 17-18

 

 

 

 

 NOTA: 18 de Maio non haberá actividade lectiva.

CONVIVENCIA INFANTIL

O vindeiro mércores 27 de setembro, nenos e nenas de 5ºde Infantil do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia achegaranse cos seus profesores ao noso centro para unha xornada de convivencia. Xunto cos nosos nenos de INFANTIL farán unha andaina para coñecer a contorna.

FESTIVIDADE DA SAÍNZA

Por mor da festa local, o vindeiro luns 25 de setembro non haberá clases.

Distribuir contido


by Dr. Radut