Neste curso participamos no Plan de Consumo de Froita na Escola.
O obxectivo do plan é incrementar o consumo de froita e verdura así como os hábitos saudables dos nenos e nenas.
Os períodos nos que se levará a cabo o consumo son os seguintes:
· 1ª semana: Do 13/03/2017 ao 17/03/2017
· 2ª semana: Do 24/04/2017 ao 28/04/2017
· 3ª semana: Do 22/05/2017 ao 26/05/2017
As aulas participantes neste programa son todas as de educación primaria e infantil.
Agradecemos a vosa colaboración especialmente nestas semanas de desenvolvemento do programa, falando cos vosos fillos e fillas sobre a importancia do consumo da froita.
Dende os seguintes enlaces podedes acceder aos materiais e xogos deseñados para este programa, por si queredes tamén dende as vosas casas empregalos.
El Frutijuego: El gran juego de las frutas y las verduras
O Frutijuego é un símil da ruleta da fortuna no que se han de resolver 150 preguntas coa axuda do Libro Sabio das Froitas e as Verduras, que inclúe un total 53 fichas didácticas.
O Libro sabio de froitas e verduras en galego
El libro sabio de las frutas y las verduras en castellano
El libro sabio de las frutas y las verduras en inglés
Outros xogos de interese:
Acceso al juego flash del Alimentraining
Acceso al juego flash de la Batidora
Acceso al juego flash del Caleidoscopio
Máis información.