Skip to Content

CONCURSO "RELATOS DE TERROR QUE METEN...MEDO"

Dende os equipos de Dinamización lingüística e da biblioteca propoñen o primeiro concurso de "Relatos de terror que meten ...medo"

e xa temos os gañadores!

 

MARIETTA INFANTIL 6ºA

 

CARLA PEREIRA 2ºB

 

CARMEN CHAPADO 3ºA

 

XOÁN CARAMÉS 6ºA

 

CUESTIONARIO DE RECOLLIDA DE DATOS SOBRE A CONVIVENCIA ESCOLAR

CUESTIONARIO DE RECOLLIDA DE DATOS SOBRE A CONVIVENCIA ESCOLAR

No marco de mellora da convivencia escolar que promove o Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, realízase unha recollida de datos masiva que ten por obxecto detectar cal é o clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que cumpran.

As familias que desexen participar poderán cubrir o cuestionario mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.

Cada familia cubrirá un único cuestionario independentemente do número de fillos/as escolarizados no centro.

Para poder acceder a dita aplicación, cada familia recibirá unha clave que será entregada, polo centro educativo, en sobre pechado. O código só se poderá utilizar unha vez. En caso de ter algún problema con el ou precisar un novo, poderá poñerse en contacto coa dirección do centro e se lle facilitará outro novo.

A súa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que lle solicitamos que preste atención e responda con responsabilidade.

O enlace para acceder á aplicación e onde debe teclear a clave ou código é o seguinte:

https://edu.xunta.es/convfamil

Prazo límite: 30 de novembro de 2015

O cuestionario está dispoñible tamén para:

Profesorado: https://edu.xunta.es/convdoce

Alumnado de 5º e 6º: https://edu.xunta.es/convobrig

Magosto 2015

O venres, 13 de novembro, celebraremos a Festa do Magosto no colexio.

Todos os alumnos e alumnas están convidados a degustar o menú do Magosto: empanada, bolos preñados e coma non CASTAÑAS!

 

A castaña vista desde os ollos dos nenos on PhotoPeach

5º Viaxa ao Universo!

Os alumnos e alumnas de Educación Primaria de 5º viaxan ao universo e coñecen o Sistema Solar a través dun proxecto moi interesante.

5º Viaxa ao Universo! on PhotoPeach

Ampliación das axudas para adquisición de material escolar para alumnado de Educación Primaria e Educación Especial Curso 2015-2016

Axudas-materialCONVOCATORIA: Orde do 6 de novembro de 2015 (DOG 10 de novembro) de axudas para adquisición de material escolar http://www.edu.xunta.es/portal/node/17558

  • BENEFICIARIOS: alumnos de educación primaria e educación especial que non solicitaran a convocada no mes de setembro.
  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 11 de novembro ao 21 de novembro (ambos os dous incluídos).
  • LUGAR DE RECOLLIDA E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Secretaria do Centro.
  • CONTÍA DAS AXUDAS: 50 €
  • Renda per cápita familiar no ano 2013 sexa igual ou inferior a 5.400 €.
  • ADQUISICIÓN DO MATERIAL: Ata o 30 de novembro de 2015.
  • DOCUMENTACIÓN A APORTAR (Fotocopia e orixinal para cotexar):
    • Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, se non autorizan a consulta telemática na solicitude.
    • Fotocopia do libro de familia con tódolos membros ou documento que acredite os membros da unidade familiar. Se hai algunha situación distinta (separacións, divorcio, etc..) deberá presentar, ademais, documentación xustificativa (situación familiar a 31 de decembro de 2013)
    • No caso de discapacidade do/a alumno/a, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2013; certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33% resolución da S.S. da condición de pensionista por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou documentación acreditativa de pensionista de clases pasivas (pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade).
    • Declaración da Renda das Persoas Físicas do ano 2013 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta telemática na solicitude.

Aclaratoria: Esta axuda poden solicitala as familias dos alumnos/as de educación primaria e educación especial, que reunindo os demais requisitos, non a presentaran no mes de setembro.

SAMAÍN

 
 
Os nenos e nenas do ceip Carlos Casares celebramos o Samaín cunha exposición de cabazas por todo o centro.A participación foi enorme e tamén se adornaron portas,ventás,e pasillos do cole ca temática relacionada con esta festa tan antiga como fascinante.
Tamen,os que quixeron,viñeron disfrazados ao cole cos máis chamativos disfraces: pantasmas,vampiros,bruxas e esqueletos.,,
Todos estaban moi animados e tiñan moitas ganas de troula.
 
 
Preme na cabaza e teredes a vosa disposición unha páxina moi interesante que vos pode axudar moito feita polos Ceip Galán de Oseiro e o Ceip Milladoiro 
cunha grande cantidade de recursos.
 
 
 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA CURSO 2015/2016

 Esta es a proposta de actividades extraescolares para o ano 2015/16

  • Inglés infantil
  • Informática primaria
  • Inglés primaria
  • Deporte e baile infantil.
  • Patinaxe infantil e primaria.
  • NENOOS 360º
  • Piscina

Todas as actividades levaránse a cabo no centro escolar, agás a da piscina, en horario de 15.30 a 17.30.

Levaránse a cabo as actividades que teñan suficiente xente para formar grupo,podendo sufrir modificación os horarios. As actividades comezan o xoves 5 de outubro.

Actividades extraescolares ANPA

AUXILIAR DE CONVERSA

                                   

 O noso centro está adscrito á rede de centros plurilingües de Galicia,e dicir,que se imparte algunha área en lingua inglesa.

No noso caso impartimos Plástica nos cursos de 6º A e 6º B e iste ano temos a sorte de contar cunha auxiliar de conversa que ven dun sitio moi lonxe chamado Massachusetts.

 

A nosa auxiliar chámase Jill Alexandra e deixounos amablemente que lle sacáramos unha foto..

PROFESORADO 2015-2016

  EDUCACIÓN INFANTIL

 

4º A : EVA Mª GONZÁLEZ LÓPEZ

4º B : ANA Mª LORENZO DÁVILA

5º A : SOCORRO DALAMA BLANCO

5º B : ROSA Mª ESTEVES DE SOUSA

6º A : SONIA NOGUEIRAS SANTANA

6º B : ANA BELÉN RODRÍGUEZ ROBLEDO    

 

 

       APOYO INFANTIL

Mª TERESA ALONSO SEOANE

ANA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

 

 

       EDUCACIÓN PRIMARIA:TITORÍAS

 

1º A : ROSA Mª GALLEGO BLANCO

1 º B : ANGELES BLANCO RODRÍGUEZ

2º A : Mª ASUNCIÓN BORRAJO PABLO

2º B : JOSEFINA HERRERO MARTÍNEZ

3º A : Mª DEL ROCÍO LOIS SUÁREZ

3º B : HERMINIA CONDE CONDE

4º A : MILAGROS LOZANO FERNÁNDEZ + SERGIO LUIS FERNÁNDEZ MARTINO

4º B : PATRICIA GONZÁLEZ BARBOSA

5º A : Mª JESÚS VILABOA RIVERO

5º B : MANUEL CID PÉREZ

6º A : MANUELA PARADELA VÁZQUEZ

6º B :CONCEPCIÓN PARADELA GIL + Mª LUISA PARADELA LAGE

 

       ESPECIALISTAS INGLÉS

 

       MARÍA LOZANO LÓPEZ

       BEGOÑA URBANO MOURE

 

       ESPECIALISTAS EDUCACIÓN FÍSICA

 

       CELSO LOSADA LAMAS

       SERGIO LUIS FERNÁNDEZ MARTINO

 

       ESPECIALISTAS PT

 

       NATALIA ALONSO PÉREZ

       ISABEL PÉREZ GARRIDO

 

       ESPECIALISTAS AL

 

       Mª ANA PÉREZ ÁLVAREZ + ISABEL PÉREZ GARRIDO

 

       ESPECIALISTA RELIGIÓN

 

       TERESA VÁZQUEZ DOPAZO

 

       ESPECIALISTA MÚSICA

 

       CONCEPCIÓN PARADELA GIL

 

       DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

 

       Mª PAZ ARES CASAL

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2015/ 2016

 

  O DIA 10 DE SETEMBRO DARÁ COMEZO O NOVO  

  CURSO ESCOLAR 2015/2016.

O NOSO HORARIO SERÁ DE 9:3O AS 14:30 DURANTE

OS MESES DE SETEMBRO E XUÑO E DE 9:15 AS

14:15 O

RESTO DO ANO.

DENDE O COLE QUEREMOS DARVOS A BENVIDA.

ESTADES PREPARADOS?

 


  

 

 

 

                

Distribuir contido


by Dr. Radut