Skip to Content

Biblioxornal

Un libro abierto es un cerebro que habla, cerrado un amigo que espera, olvidado un alma que perdona, destruido un corazón que llora.”

Xinzo de Limia – Xuño 2012-Boletín nº :3

Un curso máis que remata e ,desde a biblioteca, queremósvos facer partícipes dos cambios efectuados nela , así como daquelas actividades que temos realizado …

Neste curso fundamentalmente cambiou a zona de Educación Infantil ,á que dotamos dun tapiz para que os nosos peques estean cómodos cando lles contamos un conto, lles proxectamos curtametraxes. Ademais , e co mesmo fin dotamos esa zona duns sofás infantís.

A zona de informática tamén se modificou, contando desde este curso con dous equipos máis nos que os rapaces/zas poden buscar información…Tamén se cambiou a pantalla de proxección por unha máis actual.

 

As mochilas viaxeiras comezaron a súa andaina polos diferentes cursos, desde infantil ata o 3º ciclo . Tiveron moi boa acollida por parte dos rapaces e das familias.

 

Coma outros anos contamos coa visita dun escritor. Neste caso foi Ramón Caride quen acudiu á nosa biblioteca para estar cos alumnos/as de 3º de E. Primaria:

Así mesmo,na conmemoración do DÍA DO LIBRO acompañounos Estravis

un recoñecido escritor da nosa zona. Nesta xornada , os rapaces/zas participaron en diferentes obradoiros , sesións de contacontos e adiviñas e charlas como:

OBRADOIRO DE FROITAS ADIVIÑAS CON MAICA

OBRADOIRO DE BARRO

CONTACONTOS CON

SABELA GAGO

 CHARLA ESTRAVIS

 CHARLA: A LIMIA

CHARLA : O MEL

 CHARLA:VICENTE RISCO

HOME -ORQUESTRA

Co gallo do día das Letras Galegas homenaxeamos a Valentín Paz Andrade.

Os alumnos/as recabaron información sobre a vida e

obra deste autor que lle leron aos máis pequenos á

entrada dos recreos ,durante a semana das Letras.

LIBROS RECOMENDADOS PARA O VERÁN

Patacontos, un verán máis, quere que non esquezades a importancia da lectura nas vosas vidas polo que aí vai unha pequena escolma de suxerencias:

 

0 A 5 AÑOS

 

 

6 A 8 AÑOS

 

9 A11 AÑOS

 

ADULTOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Artur e Clementina.

Edit. Kalandraka

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Caos en la boda

Edit. Bruño

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tea Stilton.

La revancha del club de las lagartijas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

El secreto de tener bebés tranquilos y felices

Editorial: Norma

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

La semillita.

Eric Carlé

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A formiga coxa

Ed. Xerais. Colección Merlín

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

El fantasma de Canterville- Oscar Wilde

 

 

 

 

 

 

 

 

 

El jardín olvidado

Kate Morton

 

  1. Todos os días, reserva un momento para ler: despois de merendar, antes de durmir...Organízate ben e non te esquezas de adicarlle uns minutos á lectura.

 

  1. Busca calquera desculpa para que che conten contos: pídelle aos teus pais, aos teus avós...que che conten historias que coñecen.

  1. Visita a libraría e a biblioteca máis próximas : alí amosaranche as últimas novidades e recomendaranche libros sobre os teus temas favoritos.

  1. Fíxate ben en como len as persoas que te rodean: cando lean os teus pais, os teus avós, os teus irmáns ...non perdas ningún detalle.

  1. Non te quedes con ningunha dúbida: se non entendes algo pregunta , busca nun dicionario…

  2. Pide consello aos teus pais, profesores , ao bibliotecario, ao libreiro…El pódete asesorar….

  3. Aproveita calquera ocasión para ler : leva sempre contigo un libro!

Pasarás mellor o tempo!

8. Pensa que os teus amigos/as son os mellores compañeiros de lectura: intercambia libros con eles , le con eles…

Non esquezas que “ LER É A MELLOR LECCIÓN DA TÚA VIDA. LER DÁCHE MÁIS! BO VERÁN!



page | by Dr. Radut