Skip to Content

NA FRUTERÍA E PESCADERÍA

Este curso participamos en dous programas  , o PLAN DE CONSUMO DE FROITA FRESCA na escola co obxectivo de incrementar o consumo de FROITA e VERDURA,e no programa O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR, na modalidade PONLLE AS PILAS O TEU BOCATA (CONSERVAS DO MAR), as especies mariñas en conserva xunto cunha gran variedade de alimentos servirannos  para elaborar os nosos bocatas. Os peques de 5 vamos a coñecer un pouco mellor O MEXILLÓN. Así que decidimos facer unha visita a un supermercado da zona e visitamos as seccións de FROITERIA e PESCADERIA, logo fixemos a compra ,para eso previamente fixemos a LISTA do que tiñamos que mercar, xa que mañá faremos TALLER DE COCIÑA con mexillóns en conserva.Tamén mercamos  MANGOS porque os peques non coñecían esta froita, e ARANDANOS que recolectaban os INDIOS para comer, logo pasamos por caixa e pagamos, non olvidamos levar a bolsa para traer a compra e contribuir así ó coidado do MEDIO AMBIENTE.

Tamén os de 4 foron a visita ao supermercado, ao igual cos de 6º para ver o peixe e a froita no seu estado natural.

Supermercadores: EROSKI e MERCADONA



page | by Dr. Radut