Comunícase á comunidade escolar que os alumnos e alumnas do CEIP Carlos Casares, xunto co seu profesorado e pais e nais colaboradoras, participarán no desfile infantil programado para o venres, 5 de febreiro.
Compartiremos o comezo aos grandes días do Entroido con máis de 1600 nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro, CEIPs e escolas infantís da comarca e os IES de Xinzo de Limia.
Estades convidados/as a gozar co desfile a partir das 11:00 horas.
Lémbrase que os dias 8, 9 e 10 de febreiro son días non lectivos correspondentes á festividade do Entroido.
Antes do desfile sacamos unhas fotos dos nenos para que queden de recordo...Esperemos que vos gusten
O enterro da Sardiña puxo fin ós días grandes do Entroido no noso cole e os nenos de Infantil de catro anos choraron a despedia do Entroido.A sardiña enlatada atravesou o patio e foi enterrda...