Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2016/2017

6. LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS

 Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos. 

 Xinzo de Limia, 13 de maio de 2016

 

 

5. LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos. A listaxe ten carácter provisional e poderá ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de cinco días hábiles.

Xinzo de Limia, 12 de abril de 2016

 

4. SOLICITUDES (desde o 1 ao 20 de marzo, ampliado ata o 29)

Preme aquí para baixar a documentación.

3. POSTOS VACANTES

2

Curso

Prazas

Total ofertadas

Prazas reservadas

(NEAE)*

Libres

4º E.I.

50

6

44

5º E.I.

13

 

13

6º E.I.

5

 

5

1º E.P.

5

5

0

2º E.P.

11

 

11

3º E.P.

5

 

5

4º E.P.

10

 

10

5º E.P.

2

 

2

6º E.P.

8

 

8

* Prazas reservadas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). No caso de non haber alumnado que solicite estas prazas serán cubertas polo procedemento ordinario.

2. NORMATIVA E DOCUMENTACIÓN

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, comunicase o seguinte:

  • O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
  • Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Cidade de Antioquía. ANEXO I. 

* Os alumnos e alumnas que non vaian continuar os seus estudos de secundaria no centro adscrito (IES Cidade de Antioquía), terán que presentar solicitude de admisión no centro que desexen do 1 ao 29 de marzo.

  • Solicitude de admisión. O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro, o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, e o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez, presentará a solicitude mediante o ANEXO II xunto coa documentación solicitada polo centro. 

NOTA INFORMATIVA

Cada alumna e alumno só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá, ao mesmo tempo, comunicalo ao centro de orixe

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  • Formalización de matrícula. Unha vez admitido, formalizar a matrícula mediante o ANEXO III-1 xunto co resto de documentación solicitado polo centro.

Ver calendario do proceso e prazos.

Aquí poden descargarse os formularios de solicitudes e a normativa aplicable:

Para calquera consulta póñanse en contacto coa secretaria do centro.

1. CALENDARIO E PRAZOS

Calendario do proceso de admisión para o curso 2016/17

Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES Cidade de Antioquía

 Do 1 ao 15 de febreiro

Sorteo na Conselería de CEOU das letras que resolverán posibles empates: 1º apelido "H" e "C"; 2º apelido "E" e "A"

25 de febreiro
Publicación de vacantes.Publicación das vacantes que hai no centro 1 de marzo
Presentación de solicitude de admisión neste centro. ((Importante: do19 de marzo ao 28 son días non lectivos)  Do 1 ao 29 de marzo
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos (pódese reclamar nos 5 días seguintes)  Antes o 25 de Abril 
Publicación de listaxes definitivas.Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante a Xefa Territorial no prazo de un mes)  Antes de 15 de maio
Formalización de matrícula  Do 20 ao 30 de xuño
AdxuntoTamaño
ANEXO I_RESERVA DE PRAZA.pdf437.6 KB
ANEXO Ii_SOLICITUDE DE ADMISION.pdf509.59 KB
ANEXO III_SOLICITUDE DE MATRICULA EI-EP.pdf427.8 KB
CALENDARIO DE ADMISION E MATRICULA 2016-17.pdf43.35 KB


page | by Dr. Radut