O CEIP Carlos Casares está ubicado no casco urbano de Xinzo de Limia e na súa zona de influencia ofrece o Servizo de Transporte Escolar. Ten dereito ao transporte escolar o alumnado de E. Primaria que ten o seu domicilio fóra do núcleo urbano no que está situado o centro, e, en calquera caso, a unha distancia deste superior aos 2 Km, sempre que esta localidade pertenza á zona educativa que abarca este centro.
Aquel alumnado que vive a máis de 2km de distancia do centro é trasladado polos seus propios país/nais/representantes legais.
As empresas que realizan o transporte desde as distintas localidades son:
- ANPIÁN (1), con 6 paradas en activo é 33 alumnos/as.
- ALFER (2)
- Autobús 1: con 12 paradas en activo é 49 alumnos/as.
- Autobús 2: con 4 paradas en activo é 6 alumnos/as.
- SOCITRANSA (1) con 5 paradas en activo é 22 alumnos/as.
- RUTAS(1) ), con 9 paradas en activo é 22 alumnos/as.
Total de alumnado transportado: 132.
En cada autobús haberá un/unha acompañante (Real decreto 443/2001 do 27 de abril) que será a /o responsable do adecuado uso por parte dos nenos/as que fan uso deste servizo, así como o acompañamento ata o recinto escolar.
Cóntase con 5 autobuses e 5 acompañantes.
Tanto na entrada como na saída do centro, o alumnado estará atendido por profesorado.