Orde do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/16, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Períodos de vacacións:
- Nadal: desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016, ambos inclusive
- Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016
- Semana Santa: desde o día 21 ata o 28 de marzo de 2016, ambos inclusive.
Infórmase que o 7 de decembro de 2015 e o 16 de maio de 2016 non son días lectivos neste centro educativo.
Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
– 25 de novembro de 2015: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
– Do 1 ao 11 de decembro de 2015: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
– 10 de decembro de 2015: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
– 30 de xaneiro de 2016: Día escolar da non Violencia e da Paz.
– 8 de marzo de 2016: Día Internacional da Muller.
– 15 de marzo de 2016: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
– Do 7 ao 11 de marzo de 2016: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase
na aula con xornais.
– 7 de abril de 2016: Día Mundial da Saúde.
– Entre o 18 e o 22 de abril de 2016: Día do libro.
– 9 de maio de 2016: Día de Europa.
– Do 9 ao 17 de maio de 2016: Semana das Letras Galegas.
– 5 de xuño de 2016: Día Mundial do Medio Ambiente