Skip to Content

LOCALIZACION

O Colexio de Educación Infantil e Primaria “Carlos Casares” atópase no Concello de Xinzo de Limia; municipio da provincia de Ourense en Galicia.

Está situado ao sur da provincia e é capital da Comarca da Limia, situada a 35 quilómetros da capital. Conta con 9.875 habitantes segundo consta no padrón municipal con datos de 2017 e cunha densidade de poboación de 74.43 hab./km2 .

Ao centro acoden nenas e nenos das diferentes parroquias que conforman o municipio desde Boado, Cima de Ribeira, Damil, Faramontaos, Ganade, Xinzo de Limia, Gudín, Guntimil, A Pena, Laroá, As Lamas, Moreiras, Morgade, Mosteiro de Ribeira, Novás, Parada de Ribeira, Piñeira Seca, San Pedro de Laroá, Seoane de Oleiros e Solveira.

O centro conta con todos os servizos, no que se inclúe o Transporte Escolar para prestar unha atención de calidade a toda a Comunidade Educativa que o conforma ademais de incluír o servizo de concilia xestionado pola ANPA.

O nivel socio-económico e cultural é medio e polo xeral as familias implícanse na educación das súas fillas e dos seus fillos. Ao centro acode tamén alumnado da etnia xitana, de Marrocos e Venezuela o que fai que enriqueza a súa diversidade cultural. O centro con arredor de 400 nenas e nenos. de Educac

 

 



page | by Dr. Radut