A galiña ten para nós unhas marabillosas recomendacións para que disfrutemos da lectura!
Un ano máis, conmemoramos no colexio o Día do Libro. Tivemos o placer de compartir a ilusión de escoller libros, de preparar as lecturas, a emoción de ler para outros...; nos corredores, na biblioteca, no comedor, nos recunchos que quixemos... sentámonos e limos. Esta actividade fixémola o día 24, pois o propio 23 os grupos de 1º de primaria e de 6º de infantil foron a Gondomar para participar nas actividades organizadas por Espazo Lectura: un contacontos e o concerto da cantante Uxía, poñendo música a poemas de Rosalía de Castro.
Compartindo lecturas, entre nós, no colexio |
Con Uxía Senlle e "Espazo Lectura", en Gondomar |
Como cada 23 de abril, celebramos o Día do Libro. Este ano tivemos unha doble celebración: