SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES sticky icon

- INFORMACIÓN XERAL PARA AS FAMILIAS INSCRITAS NOS SERVIZOS-

 
O Concello de Santiago de Compostela poñerá en marcha mañá, 9 de setembro de 2021 o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

O servizo de comedores e madrugadores está organizado polo concello de Santiago de Compostela no marco do Convenio de colaboración coa Consellería de Educación para prestar un servizo ás familias con menores a cargo, que favoreza a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, e a adquisición de valores e hábitos saudables desde a infancia.


PRIMEIRO DÍA DE COLE sticky icon

ENTRADAS E SAÍDAS.
 
Como o pasado curso as entradas e saídas faranse por distintas portas e escalonadamente. Recordamos que o alumnado de Educación Primaria accederá só ao centro e o de Educación Infantil poderá entrar acompañado por un adulto ata súa porta.
 
O alumnado será guiado no seu percorrido polo centro ata a súa aula.
 
Na saída sucederá o mesmo, o alumnado de Educación Primaria será acompañado ata a porta por un mestre/a e o alumnado de Educación Infantil será recollido na súa porta de saída.
 
 


 
NORMAS COVID-19
No presente cursos segue vixente, segundo o PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN A CONTEXTO DA COVID-19 a obrigatoriedade das familias de realizar a enquisa de autoavaliación diaria da posible sintomatoloxía COVID 19.
 
Lembramos a necesidade de que todo o alumnado leve máscara e unha de reposto, non estoxo, dentro da súa mochila.

Grazas.

INFORMACIÓN PARA A REUNIÓN DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA OS NENOS/AS DE 3 ANOS. sticky icon

O próximo Luns 6  ás 10:00 horas está prevista a reunión do período de adaptación para os nenos/as de 3 anos.

Deberán acceder ao centro pola porta do patio (estará indicada con carteis) e as titoras chamaran ao proxenitor/a polo nome do/a neno/a. Lémbrase que deberá acceder só un dos proxenitores sen a compaña do/a neno/a.

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 1º, 3º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. sticky icon

1º Educación Primaria.

 A titora poñerase en contacto cos pais

 

3º e 5º de Educación Primaria.

 Para comprobar o curso no que están matriculados teñen que dirixirse á aula virtual do centro que está dispoñible no enderezo https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcardealquiroga/aulavirtual/login/index.php

Todo o alumnado do centro ten un usuario creado e está matriculado nos cursos correspondentes. Se xa tiña credenciais de acceso o curso pasado, conserva o mesmo nome de usuario e contrasinal.

No caso de non telas:

- O usuario é o primeiro nome e o primeiro apelido en minúsculas, sen espazo ou tíl, tendo en conta que o ñ cambia polo n.

 Exemplo: Dana Saíñas;

 Usuario:danasainas;

 contrasinal: 1234 (pedirá cambio no primeiro aceso).

 Para calquera incidencia relacionada co acceso á aula virtual, escriban un correo a ticsquirogapalacios@gmail.com indicando nome, apelidos e curso do alumno/a, asi como unha pequena explicación da problemática.

 

INFORMACIÓN SOBRE A ENTREGA DOS VALES E LIBROS DE TEXTO DO PROGRAMA FONDO LIBROS. sticky icon

Para unha mellor organización a entrega farase na Secretaría do centro. Os días de recollida serán os seguintes en horario de 10:00 a 13:30:

 

3º Educ. Primaria, xoves 2 de setembro.


4º Educ. Primaria, venres 3 de setembro.


5º e 6º Educ. Primaria, luns 6 de setembro.

 

LISTADO DEFINITIVO DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS CURSO 21/22 sticky icon

Publícanse no taboleiro interior do centro, con data de hoxe, as listaxes definitivas do Fondo Solidario de Libros para o vindeiro curso 2021/2022.

 O calendario de entrega dos vales será o seguinte:

- Xoves 8 de xullo --> 1º Educación Primaria.

- Venres 9 de xullo --> 2º Educación Primaria.

En setembro entregaranse o resto dos vales e os libros adxudicados.

Administración

LISTADO PROVISONAL DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS CURSO 21/22 sticky icon

Publícanse con data de hoxe as listaxes provisionais do Fondo Solidario de Libros para o vindeiro curso 2021/2022, no taboleiro interior do centro.

Segundo a orde do 6 de maio de 2021 no seu artigo 19.1.2ª.c) as persoas interesadas poderán reclamar no dous (2) días seguintes ao da publicación da listaxe provisional.

Prazo de reclamación: 5 e 6 de xullo (inclusive).

Administración

 

 

APERTURA DOS PRAZOS DE MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES sticky icon

A Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o día 28 de xuño, acordou aprobar os Prazos e o procedemento de admisión nos Servizos de Comedor e Madrugadores, na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Santiago de Compostela.

O prazo de matrícula ábrese do mércores 30 de xuño e remata o 14 de xullo, (ámbolos dous inclusive). Os novos usuarios deberán entregar cuberto o correspondente impreso de matrícula, que poderá descargarse da web www.santiagodecompostela.gal, e deberán rexistrarse posteriomente na APP ColeChef.

 

Adxuntase arquivo coas instruccións

 

Administración

RECOLLIDA ORDENADORES E-DIXGAL 6º DE PRIMARIA sticky icon

Os ordenadores poderanse entregar na Secretaría do Centro os días 25 e 28 de xuño en horario de 11:00 a 13:00 h.

Grazas

 

MODIFICACIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022 sticky icon

Engádese libros en 5º e 6º de educación infantil.

 

Disculpen as molestias

Administración