You are herePRIMEIRO DÍA DE COLE

PRIMEIRO DÍA DE COLE


By quirogapalacios - Posted on 07 Septembro 2021

ENTRADAS E SAÍDAS.
 
Como o pasado curso as entradas e saídas faranse por distintas portas e escalonadamente. Recordamos que o alumnado de Educación Primaria accederá só ao centro e o de Educación Infantil poderá entrar acompañado por un adulto ata súa porta.
 
O alumnado será guiado no seu percorrido polo centro ata a súa aula.
 
Na saída sucederá o mesmo, o alumnado de Educación Primaria será acompañado ata a porta por un mestre/a e o alumnado de Educación Infantil será recollido na súa porta de saída.
 
 


 
NORMAS COVID-19
No presente cursos segue vixente, segundo o PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN A CONTEXTO DA COVID-19 a obrigatoriedade das familias de realizar a enquisa de autoavaliación diaria da posible sintomatoloxía COVID 19.
 
Lembramos a necesidade de que todo o alumnado leve máscara e unha de reposto, non estoxo, dentro da súa mochila.

Grazas.
AdxuntoTamaño
Primer dia normas cole covid.pdf1.98 MB