You are hereSERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES

SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES


By quirogapalacios - Posted on 08 Septembro 2021

- INFORMACIÓN XERAL PARA AS FAMILIAS INSCRITAS NOS SERVIZOS-

 
O Concello de Santiago de Compostela poñerá en marcha mañá, 9 de setembro de 2021 o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

O servizo de comedores e madrugadores está organizado polo concello de Santiago de Compostela no marco do Convenio de colaboración coa Consellería de Educación para prestar un servizo ás familias con menores a cargo, que favoreza a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, e a adquisición de valores e hábitos saudables desde a infancia.