RESULTADO DAS VOTACIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. sticky icon

Despois de que a Xunta Electoral aprobase as votacións ao Consello Escolar, publicase no taboleiro de anuncios o resultado de ditas votacións.

A Dirección do Centro.

 

 

INFORMACIÓN PROCESO ELECTORAL DO CONSELLO ESCOLAR. RECLAMACIÓN, CANDIDATURAS E DATA VOTACIÓNS. sticky icon

RECLAMACIÓNS AS CANDIDATURAS PARA A ELECCIÓN DOS PRESENTATES DE NAIS, PAIS E/OU TITORES LEGAIS.

Poderánse facer as reclamacións os días 14 e 15 de novembro ata 14:00h na Secretaría do Centros, perante a Xunta Electoral.

 

INFORMACIÓN SOBRE A CAMPAÑA ELECTORAL E DATA DAS ELECCIÓNS.

 

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais, pais e/ou titores legais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, segundo convocatoria  a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación de nomes das persoas candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica:

  1. MS,MY Censo nº  441
  2. RM, P Censo nº 183
  3. VP,L Censo nº  666

Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar. Os outros tres representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021

Segundo o punto 5º da Convocatoria de elección de nais, pais ou titores legais para o Consello Escolar do 2 de novembro, a campaña electoral comprenderá dende o 28 ao 17 de novembro, ambos días inclusive.

As votacións terán lugar o vindeiro día 19 de novembro entre as 16:30 e 18:30 h, no centro escolar.

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Directora do Centro

Presidenta da Xunta Electoral

 

CONSELLO ESCOLAR. RECORDATORIO PRAZO PRESENTACIÓN CANDIDATURAS. sticky icon

Recordamos o prazo para presentar as candidaturas para representate de nai, pai ou titor/a do Consello escolar.

Poderán ser presentadas dende o día 28 de outubro ata ás 14:00 horas do 8 de novembro de 2024.

Estas presentaranse na Secretaría do centro segundo o modelo que se adxunta.

Modelo de candidatura para representante.

Autorización publicación na páxina web.

 

 

 

 

CONSELLO ESCOLAR. ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS sticky icon

De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de elección de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO

 

A dirección do Centro.

 

Elección dos representantes de nais, pais e titores legais.

Modelo de presentación de candidatura.

Autorización publicación páxina web do centro.

 

 

 

CONSELLO ESCOLAR. sticky icon

CENSO ELECTORAL

Expoñense a día de hoxe o censo dos distintos sectores educativos no taboleiro de anuncions do interior do centro.

RECLAMACIÓN DO CENSO DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO

De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de elección de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, a XUNTA ELECTORAL desde Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO.

 

De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pais/nais, dun total de cinco que deber ter o Consello Escolar. Os outros tres representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección.

 

As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta electoral dende o 25 de outubro ao 6 de novembro ás 14:00h

 

 

 

 

RENOVACIÓN XUNTA ELECTORAL. RESULTADOS SORTEO DO 16/10/2024 sticky icon

No día 16 de outubro procedeuse a celebrar o sorteo para a designación dos membros da Xunta Electoral. (art. 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1994), os membros designaron foron:

Mestres:

Vocal titular : Maria Miranda Parrilla.

Vocal suplente: Mª del Carmen Arceo Tourís.

Pais/nais:

Vocal títular : Luis Miguel Villamayor Blanco.

Vocal suplente: Sergio Domigo Baamonde Boquete.

PAS

Vocal titular: Thais Prieto Guerreiro.

vocal suplente: Mª de la O Lorenzo Conde.

 

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL sticky icon

De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de elección de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

Constitución da xunta electoral.

 

 

INCIDENCIA NO TRANSPORTE ESCOLAR. sticky icon

INCIDENCIA NO TRANSPORTE ESCOLAR.

Por incidencias varias do transporte escolar este vai con retraso.

 

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE sticky icon

INFORMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN VIARIA, CONCELLO DE SANTIAGO

A vindeira semana celébrase a “Semana Europea da Mobilidade”, e por este motivo o concello pretende levar a cabo unha actividade denominada “O día de camiñar á escola”, que consiste en que o próximo día 20 os nenos e nenas acudan ó colexio camiñando desde uns puntos de encontro sinalados polo concello, ben sexa na compaña doutros menores o de seus país, tratando deste xeito de concienciar a todos da necesidade de manter libres de vehículos os espazos e vías que rodean os centros para maior seguridade dos menores, ó tempo de promover a autonomía dos escolares nos seus desprazamentos escolares, como levamos anos facendo desde o Departamento de Educación Viaria a través do programa Colecamiños.

Para elo reservaranse zonas de estacionamento non puntos de encontro para que os acompañantes dos menores podan deixar os seus vehículos mentras dure a actividade.

Os puntos de encontro para o colexio son:

-          Estacionamento da Praza de Mercede de Conxo.

-          Estacionamento de Santa Marta

Nestes puntos haberá persoal do concello, ben Policía Local ou Protección Civil, para acompañar os participiantes ata ó colexio.

Adxúntase plano da situación dos puntos de encontro e o percorrido previsto ata o centro.

Moitas gracias pola colaboración.

 

HORARIO, PORTAS E PLANOS CURSO 2024-2025 sticky icon

As clases comezarán mañá MÉRCORES 11 DE SETEMBRO DE 2024

 

HORARIO


ENTRADA: O centro abrirá os PORTALÓNS de entrada as 9:05h e ás pechará ás 9:15.

SAÍDA: O horario de saída será as 14:15h para todo o alumnado.

Prégase que deixen libre o portalón C á saída. A través desta porta sairá o alumnado transportado e a continuación o alumnado de 2º EP, que sairá polo lado dereito e o alumnado de 3º EP sairá polo lado esquerdo.

Pregamos que os familiares se coloquen no lado correspondente para facilitar a saída.

Recordamos que non se pode aparcar diante do portal D e na parada do Bus

 PORTALÓNS

Portas de Entrada e Saída

 PLANOS DAS AULAS

Plano da planta baixa

Plano da planta primeira

Plano da planta segunda.

BO INICIO DE CURSO!!!!!