NOVAS SOBRE A RESERVA DA 1º ESO NO IES EDUARDO PONDAL. sticky icon

Estimadas familias:

Segundo as novas recibidas  no día de hoxe , todo o alumnado de 6º Primaria que presentou a solicitude de reserva para cursar 1º ESO no vindeiro curso 2021-2022 foi admitido no IES Eduardo Pondal

 Para calquera aclaración ou dúbida rogamos se dirixan ao IES Eduardo Pondal.

 Un saúdo

 A Dirección

INFORMACIÓN DO CENTRO PARA O PRÓXIMO CURSO ESCOLAR 2021-2022 sticky icon

PRAZO DE INSCRIPCIÓN

 Dende o 1 de marzo ata 22 de marzo, ambos inclusive.

 HORARIO DO CENTRO.

  • Horario de Entrada: 9:15h, a entrada estará condicionada a evolución do COVID 19.
  • Horario de Saída:14:15 h, a saída estará condicionada a evolución do COVID 19.

 SERVICIO COMEDOR Y MADRUGADORES.

  •  Horarios do servizo

Madrugadores --> 7:30 h- 9:00 h

Comedor --> 14:15 h – 16:30 h

  •  Para máis información:

Departamento Educación

Edificio CERSIA Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, s/n – San Lázaro

Tfnos.: 981 554 400/401 Fax: 981 571 511

dptoeducacion@santiagodecompostela.gal

www.santiagodecompostela.gal

 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

 Páxina web: https://sites.google.com/site/anpaathenea/home

 E-mail: anpa.athenea@gmail.com,

SERVIZO DE BUS ESCOLAR

A planificación quedará condicionada ás instrucións dos organismos competentes.

Compre lembrar que, segundo a normativa vixente:

  • Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se atope fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2km.

  • O alumnado que , segundo a normativa non se atope na situación anterior, poderá solicitalo quedando supeditada a súa autorización á normativa que se puidese ditar por parte dos organismos correspondentes de Educación, Mobilidade e Sanidade.

 

Poderán ser autorizados en precario e con carácter revogable se hai prazas dispoñibles para o uso de paradas xa existentes.

 

OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 2022-2023 sticky icon

 

Curso

Num. prazas ofertadas

Num. Prazas Apoio Educativo

Vacantes

4º Inf.

50

6

50

5º Inf.

50

0

1

6º Inf.

75

0

6

1º Pri.

50

6

0

2º Pri.

75

0

14

3º Pri.

50

0

2

4º Pri.

50

0

0

5º Pri.

50

0

0

6º Pri.

50

0

0

PROBLEMAS TÉCNICOS COA LIÑA DE TELÉFONO DO CENTRO sticky icon

Estamos a ter problemas técnicos coa liña de teléfono do centro e non nos chegan todas as chamadas. Para calquera consulta poñemos a disposición estes medios de contacto:

  •  teléfono móbil: 679.519.493

 Disculpen as molestias

 A Dirección

 

RESERVA DE PRAZO PARA CURSAR 1º ESO NO IES EDUARDO PONDAL sticky icon

Prazo de presentación de solicitudes: 11 de xaneiro ata 8 de febreiro

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

     

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

LISTAXE PROVISIONAL “DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS” sticky icon

Publicada a listaxe provisional de “Distribución Máscaras”, dita listaxe está dispoñible no taboleiro interior do centro.

 

 A Dirección.

 

CONVOCATORIA PARA A DISTRIBUCIÓN DE MASCARAS sticky icon

Orde do 6 de novembro de 2020, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertado no curso 2020/21, (Código ED330E)

  Beneficiarios:

  1. Alumnos que fosen beneficiarios da axuda para adquirir material escolar (50€) neste curso 2020-21.

  2. Que non fosen beneficiarios da axuda por diferentes circunstancias, pero:

    1. Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior 6.000€

    2. Este matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual o superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

 Procedemento:

  1.  Os beneficiarios do punto 1, non teñen que presentar solicitude algunha
  1. O alumnado recollido no punto 2, deberá presentar a seguinte documentación do procedemento ED330E, na secretaría do centro.

  Documentación:

  1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

    1. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

    2. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

      • En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

      • Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

        • Certificado de volante de convivencia.

        • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Prazos:

  •  Para presentar as solicitudes: dende o 16 de novembro ao 27 de novembro de 2020 (inclusive)

 Horario entrega solicitudes:

  •  9:45 h ata 13:45 h