RESERVA DE PRAZO PARA CURSAR 1º ESO NO IES EDUARDO PONDAL
Prazo de presentación de solicitudes: 11 de xaneiro ata 8 de febreiro
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
-
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro. -
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
-
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
LISTAXE PROVISIONAL “DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS”
Publicada a listaxe provisional de “Distribución Máscaras”, dita listaxe está dispoñible no taboleiro interior do centro.
A Dirección.
CONVOCATORIA PARA A DISTRIBUCIÓN DE MASCARAS
Orde do 6 de novembro de 2020, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertado no curso 2020/21, (Código ED330E)
Beneficiarios:
-
Alumnos que fosen beneficiarios da axuda para adquirir material escolar (50€) neste curso 2020-21.
-
Que non fosen beneficiarios da axuda por diferentes circunstancias, pero:
-
Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior 6.000€
-
Este matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual o superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
-
Procedemento:
- Os beneficiarios do punto 1, non teñen que presentar solicitude algunha
- O alumnado recollido no punto 2, deberá presentar a seguinte documentación do procedemento ED330E, na secretaría do centro.
Documentación:
-
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
-
Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
-
Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
-
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
-
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
-
Certificado de volante de convivencia.
-
Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
-
-
-
Prazos:
- Para presentar as solicitudes: dende o 16 de novembro ao 27 de novembro de 2020 (inclusive)
Horario entrega solicitudes:
- 9:45 h ata 13:45 h
ANEXO VI: PLAN DE CONTINXENCIA
Plan de continxencia do CEIP P. Cardeal Quiroga Palacios.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSOS 2020-2021
Plan de adaptación á situación COVID 19 no curso 2020-2021
EDUCACIÓN DIXITAL INNOVADORA. PROXECTO ABALAR. CURSO 2020/2021
Adxuntase arquivo do proxecto Abalar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »