INFORMACIÓN SOBRE O CALENDARIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA NOS PRÓXIMOS DÍAS. sticky icon

* Estas datas poderán variar por organización do centro.

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO CEDIDOS POLO FONDO LIBROS.

 - Devolución dos libros de texto de 3º EP ...................20 de xuño de 2024.

 - Devolución dos libros de texto de 4º EP ...................21 de xuño de 2024.

 

MATRICULA NOVO ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 24/25

 -Prazo Matrícula ...........................entre o 20 xuño e 1 de xullo de 2024.

 * 18 de xuño publicaremos na páxina web do centro os impresos e documentación necesaria para a súa matriculación, tamén estarán dispoñibles na Secretaría do centro.

 

PUBLICACIÓN DOS BOLETÍNS DE 3º AVALIACIÓN E FINAL.

 - As notas da 3º avaliación e avaliación final de Educación infantil e Educación primaria estarán só dispoñibles na aplicación ABALAR o Venres 28/06/24 a partir das 12:00h.

 

HISTORIAIS ACADÉMICOS DE 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.

 - Entrega dos Historiais Académicos de 6º EP para a súa matriculación no Instituto  ................................................................. Luns 1/07/2024.

 * Estes deberán ser recollidos polo pai/nai o titor/a do alumno.

 

FONDO LIBROS.

 - Listas Provisionais de Fondo Libros...................................... 8/07/2024.

 - Reclamación as listas provisionais ................................. 9 e 10/7/2024.

 - Listas Definitivas de Fondo Libros........................................ 11/7/2024.

 - Entrega de vales de Fondo libros cursos de 1º e 2º de EP........ 16/7/2024.

          * Deberán ser recollidos polo pai/nai o titor/a do alumno,

 - Entrega de libros e vale cursos 3º e 4º de EP concretarase as datas a primeiros de setembro de 2024.

 - Entrega vale material escolar cursos 5º e 6º de EP concretarase as datas a primeiros de setembro de 2024.

 

 Administración

 

 

SOLICITUDE DE CAMBIO DE RELIXIÓN A ATENCIÓN EDUCATIVA/PROXECTO COMPETENCIAL OU VICEVERSA sticky icon

Solicitude de cambio de Relixión a Atención educativa (Ciclo infantil)/Proxecto Competencial (Primaria) ou viceversa para o vindeiro curso 2024/2025.

 Prazo: ata o 15 de setembro de 2024. (Entregar formulario na Secretaría do Centro)

 Formulario aqui

Administración

 

Convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares. Curso 2024-2025 sticky icon

 A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago, na sesión ordinaria celebrada o 13 de maio de 2024, aprobou a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria, e centros de educación especial de educación infantil (segundo ciclo) de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, do concello de santiago de compostela, para o curso 2024-2025.

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
As persoas interesadas poderán presentar a solicitude:
- Por por medios electrónicos: a través da sede electrónica do Concello sede.santiagodecompostela.gal
- Presencialmente: no Rexistro Xeral do Concello de Santiago situado na rúa do Presidente Salvador Allende 4-baixo.
- En calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Mais información aquí

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2024-2025 sticky icon

Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, (ambos incluídos)

Forma de presentación:

  • Electrónica: utilice esta aplicación (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) e presente a solicitude na Sede Electrónica (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)

NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

 

* Anexos I e II.

* ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 

LISTAXE DEFINITIVO DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS DE 5º EI, 6º EI E 1º EP. sticky icon

A partir de hoxe están a disposición dos/as interesados/as na Secretaría do Centro e no tablón de anuncios as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos dos seguintes cursos:

- 5º Educ. Infantil.

- 6º Educ. Infantil.

- 1º Educ. Primaria.

RESERVA E SOLICITUDE NO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2024-2025 sticky icon

Os usuarios do servizo de transporte escolar deberán renovar a solicitude deste servizo, así como os novos usuarios que o desexen para o vindeiro curso escolar 2024-25.

Deberán cubrir e entregar o impreso de solicitude na Secretaría do Centro antes do 14 de xuño de 2024 (pódese entregar unha vez firmado a través do nen@).

No caso de non entregalo entenderase que renuncia ao servizo de transporte escolar.

* Só para alumnado que xa está MATRICULADO NO CENTRO

A Dirección do centro

 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO. NEAE sticky icon

Prazo de solicitude: do 30 de abril ao 13 de sembro de 2024.

 Mais información aquí

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. 5º EI, 6º EI E 1º EP sticky icon

A partir de hoxe están a disposición dos/as interesados/as na Secretaría do Centro as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos dos seguintes cursos:

- 5º Educ. Infantil.

- 6º Educ. Infantil.

- 1º Educ. Primaria.

Prazo de reclamación as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

- Dende o 26 de abril ata o 3 de maio de 2024

* No art. 35.2 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, indica que se poderá formular reclamanción, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

ESCOLA DE FAMILIAS sticky icon

O vindeiro xoves 25 de abril, comenzaremos coa nosa ESCOLA DE FAMILIAS. Despois da enquisa, revisamos as vosas preferencias, sendo a máis votada a Adquisición de limites e conducta. 

No vindeiro mes, teremos outra, e xa con más temas para o próximo curso.
Grazas polas vosa aportación.
Estades todos invitados!!!
O equipo PROA+ e a dirección do centro
 

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA PARA ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA 4º EI E 5º EP sticky icon

Despois de comprobar que existen suficientes vacantes para os cursos de 4º Educación Infantil e 5º de Primaria, publícase a listaxe definitiva para admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024/2025.

 Estas listaxes estarán expostas no tablón da anuncios no interior do centro.

 Formalización da matrícula:

 O prazo para formalizar a matricula será entre o 20 de xuño e o 1 de xullo, ambos incluídos.

 Anteriormente publicaremos os formularios necesarios así como a documentación a presentar.