Aquí vos presentamos o menú especial de fin de mes! Seguimos relacionando os nosos menús co PDI Amar o mar 2.0. para poder probar sabores novos do mar. Esperamos que a nosa rapazada desfrute moito deste menú!
Aquí deixamos o primer menú deste ano 2021. Esperemos que sexa un bo comezo e lembrade que debemos de seguir cumprindo as normas tanto no comedor como no resto do recinto escolar e fóra del para que poidamos seguir desfrutando todo@s xunt@s. Ánimo rapazada! O facedes xenial!
A continuación tedes o derradeiro menú escolar deste ano 2020. Nesta ocasión tedes unhas recomendacións para que coidemos a nosa alimentación nos días das vacacións de Nadal.
Aquí deixamos colgado o menú de novembro do noso comedor escolar e unhas indicacións sobre o outono e as castañas. Lembramos que mañá día 2 de novembro, hai colexio, e que o mércores día 11 de novembro temos o festivo local de Coristanco e non hai cole ese día. Un saudiño pata todos/as!
Dende o espazo Abalar da Consellería, preséntase aos usuarios do servizo de comedor, un vídeo explicativo de como efectuar o pago telemático da taxa polo uso deste servizo a través do espazoAbalar.
Estamos de volta no comedor escolar, con novas normas, novas quendas, uso de máscara, etc. Será un ano diferente pero esperamos que o noso alumnado desfrute dunha alimentación san e chea de sorpresiñas! Aquí está o menú de setembro!
Xuntamos a solcitude para colaborar no comedor escolar para o vindeiro curso 2020-2021. Os interesados /as podedes cubrir esta solicitude e entregala no colexio o día que vos toque entregar a documentación ou ben enviar esta solicitude debidamente cuberta ao enderezo electrónico do colexio: ceip.canosa.rus@edu.xunta.es, poñendo como asunto: Solicitude para colaborar no comedor. Nome e apelidos do interesado/a.
Mañá xoves teremos no comedor do cole o menú especial de fin de mes, cun día de adianto, xa que o venres o alumnado de 3º e 4º de EP irán de excursión. No seguinte documento que xuntamos podedes ver o menú especial do mar que sae das vosas receitas das mochilas viaxeiras! Noraboa ás receitas gañadoras e aos demais por participar! Seguide así e lembrade que debemos de coidar a nosa natureza!
Feliz volta ao cole a tod@s e feliz ano! Xuntamos o menú de xaneiro e unha táboa moi interesante sobre a mellor época de consumo de diferentes peixes. Esperamos que sigades desfrutando moito do noso comedor escolar. Agradecemos a participación nas mochilas viaxeiras coas vosas receitas. Seguiremos facendo menús especiais coas receitas seleccionadas cada fin de mes.