Skip to Content

Comedor

Menú de decembro

Dentro dunhas semanas imos poder gozar duns días de merecido descanso pero ata que chegue ese momento, aquí vos deixamos o menú de decembro. Esperamos que vos guste!

Menú de outubro

Damos a benvida ao outono e achegamos o menú do comedor correspondente ao mes de outubro. Esperamos que vos guste!! Un saúdo. 

Menú de setembro

Estimadas familias: Mañá empezamos as clases e ponse en marcha o servizo de comedor deste novo curso con moita ilusión e algúns cambios que descubriremos mañá. Deixamos o menú de setembro no adxunto. Un saúdo. 

Segundo período de distribución de froitas frescas

Estimadas familias: O luns, 2 de maio iniciamos o segundo e último período de distribución de froitas frescas no colexio. O reparto de froita, para todo o alumnado que desexe consumila, terá lugar durante dez días lectivos consecutivos finalizando o vindeiro venres, 13 de maio. Un saúdo. O equipo directivo. 

Menú de abril

Aquí vos deixamos o menú do mes de abril que poderedes continuar degustando cando voltemos ao cole despois do merecido descanso. Vémonos o martes!

Menú de Marzo

Dentro dunhas semanas daremos a benvida á primavera e a novas cores, paisaxes, flores, froitos...mentres non chega imos agardar con calma ata que sexa o momento de gozar da nova estación. Aquí tendes o menú de marzo, esperamos que vos guste!

Inicio do segundo período de distribución de lácteo

Estimadas familias: O próximo luns, 7 de marzo empezamos o segundo período de distribución de leite líquido de consumo no noso centro. Será durante vinte días lectivos consecutivos e con el finaliza a distribución de lácteos concedida ao noso centro. A principios de maio empezará o segundo período de distribución de froita para todo o alumnado. Un saúdo. O equipo directivo.

Menú de febreiro

Aquí vos deixamos o menú de febreiro que como xa sabedes, é o mes do Entroido!

Distribución de leite líquido de consumo e froitas frescas

Estimadas familias: Esta semana iniciamos a distribución de leite correspondente á convocatoria do Fondo Galego de Garantía Agraria a través da cal se regula o procedemento para a concesión de axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares durante o curso 2021-2022.

Menú de Xaneiro

Recibimos o 2022 con moita ilusión neste segundo trimestre no comedor. Aquí vos deixamos o menú deste primeiro mes. Benvido xaneiro!

Menú de Decembro

Aquí vos deixamos o menú do comedor do mes de decembro.

Un saúdo. 

Menú de Novembro

Aquí vos deixamos o menú de novembro. 

MENÚ DE OUTUBRO

Como puidéchedes comprobar, xa entramos de cheo no outono que nos vai acompañar durante varias semanas. Aquí vos deixamos o menú do mes de outubro.

 

 

COMEDOR ESCOLAR 2021-2022

Estimadas familias: un ano máis, desde o CEIP Canosa-Rus o equipo do comedor quere darvos a benvida. Durante este curso 2021-2022 seguiremos colaborando co Proxecto Documental Integrado co que vimos traballando no centro,probando novos sabores e gozando de sorpresas grazas aos menús especiais de fin de mes que comezarán en outubro.

MENÚ DE XUÑO 2021

E chegamos ao último mes do curso. Deixamos o menú de xuño e unhas indicacións de cara ao verán. Queremos agradecer ao equipo de cociña e ás nais colaboradoras do comedor a súa gran labor de cada día para que os nenos e nenas estean o mellor e máis seguros posibles no colexio. GRAZAS POR FACELO POSIBLE!

Distribuir contido


by Dr. Radut