Skip to Content

MENÚ DE DECEMBRO 2020

Boas a todas e todos:

A continuación tedes o derradeiro menú escolar deste ano 2020. Nesta ocasión tedes unhas recomendacións para que coidemos a nosa alimentación nos días das vacacións de Nadal.

Dende o equipo de cociña e a encargada e o encargado  de comedor, gustaríanos darlles as gracias aos nenos e nenas por cumprir as normas o mellor posible durante estes meses, moitas veces, mellor que os adultos. Tamén queremos agradecer a dedicación das nais que se apuntan para colaborar no comedor cada ano, e en especial neste curso tan diferente e complicado. Gracias tamén ás familias por confiar en nós! Seguiremos traballando tanto dende o comedor como dende o resto do cole para que o centro siga sendo un lugar o máis seguro posible.

E lembrade que na vida sempre quedan motivos para sorrir! Feliz menú de decembro e feliz  2021! 

AdxuntoTamaño
MENÚ DECEMBRO 2020 CEIP CANOSA-RUS.pdf188.37 KB


page | by Dr. Radut