Enviado por veronicaguardado o Dom, 2022-03-20 16:55
Posted in
Rescato un poema do último libro do gran Antonio García Teijeiro : No xardín do poeta. Con estes versos quero recordar que estamos na semana da poesía e que esta nos axuda a expresar sentimentos.
Non quero ser o pano
que agoche esas miradas
das nenas e meniños
que senten puñaladas
dun mundo cruel e frío
que neles non repara.
Non quero ser de auga
nin quero ser de prata.
Eu quero ser acougo.
Eu quero ser morada.
Deixo tamén un programa de poesías elaborado polos cativos de 5 anos, outro polos de sexto e un conto de PAIS E NAIS DE CONTO.