DENDE O COMEDOR… HOMENAXE AO CAMIÑO DE SANTIAGO.
Como ben sabedes o último día de mes no comedor facemos un menú distinto para traballar algún país ou algún tema.
Este curso 2013-2014 decantámosnos por elaborar na nosa cociña os menús que degustan os peregrinos desde que saen de Francia ata chegar a Catedral de Santiago. A razón desta elección é, porque, ademais de coñecer a comida dalgunhas cidades por onde pasan os peregrinos, facémoslle unha pequena homenaxe ao Camiño de Santiago e os seus preciosos paraxes.
O 17 de Maio de 1993 o Consello de Europa declara o Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade. Innumerables son os camiños que levan a Santiago. O “Camiño Francés” é a ruta máis importante pola cantidade de peregrinos que transitaron e transitan por ela.
Imaxinemosnos pois, que somos un peregrino ou unha peregrina, que desexamos chegar a esa gran obra maestra, como é a catedral de Santiago. Pensemos que o camiño francés, polo que vamos a camiñar, non é nada fácil e que temos que repostar enerxía nas distintas casas de comidas que hai pola ruta. E como bo peregrino desexamos comer o menú típico deses lugares. Esperemos que disfruten connosco desta aventura gastrónómica.
O último día de SETEMBRO faremos a nosa primeira parada en Francia e degustaremos o seguinte menú:
1º plato: Ratatouille que é u unha receta provenzal moi popular en Francia. É un plato que se pode elaborar con todo tipo de hortalizas. Case sempre leva tomate, berenxena, calabacín, pimentos, cebola e allo.
2º prato: Coq au vin. Prato moi antiguo. Todo moi francés: un bo viño, unhas herbas de provenza e un galo (no noso caso poremos polo), símbolo do estado francés.