Skip to Content

Viaxamos pola Trans-Canadá

MENÚ CANADENSE

Neste remate do mes de Novembro os encargados do Comedor eliximos como país para que vos deleitedes coa súa gastronomía a Canadá.

1º PRATO

MOULES AVEC POMMES DE TERRE (MEXILLÓNS CON PATACAS)

Lavar e cocer os mexillóns ao vapor. Reservaremos os mexillóns cocidos, conservando o caldo que utilizaremos para o guiso. De seguido, lavamos e troceamos as patacas e pementos. Lavamos, pelamos e troceamos o tomate e picamos a cebola.

Nunha cacerola, refreximos a cebola. Logo engadimos as patacas e o pemento verde. De cote, sofríxese todo un pouco, engádese loureiro e perexil. Incorporamos unha cullerada de fariña, pementón e o tomate.

Cando todo estea ben refrixido, engádense os mexillóns sen cáscara e o seu caldo. Logo, cócese a lume lento ata que a pataca estea ben cocida.

2º PRATO

BROCHETAS DA PRADEIRA CANADENSE

Derretimos manteiga nunha tixola e engadimos zume de limón, allo, tabasco, cebola picada, azucre, cilantro, comino, xenxibre, salsa “TERIYAKI” e pementa moída. Levamos todo a ebulición e cocemos a lume lento durante cinco minutos. Deixamos arrefriar. Botamos a mestura sobre a carne e gardamos na neveira durante oito horas.

Retiramos a carne da salsa, poñemos algún anaco de verdura e cinco ou seis trozos de carne en cada pincho. Asamos durante seis minutos, dándolles a volta pouco a pouco, sen deixar que se fagan demasiado. A salsa bótase sobre a carne unha vez feita.

POSTRE

TARTA DE MAZÁ

BO PROVEITO



page | by Dr. Radut