Informática

Inserir un arquivo de vídeo mp4

Inserir un arquivo de vídeo mp4

 

Na ligazón aparecen as instrucións e o código para insertar se queremos que apareza o vídeo inmediatamente.

Directrices de uso do equipamento de Educa en Dixital Galicia

- A distribución dos dispositivos debe estar articulada mediante préstamo temporal ao alumnado que, segundo o criterio do centro, estea en risco de exclusión dixital debido á falta de medios tecnolóxicos no seu fogar ou en caso de situacións excepcionais causadas pola pandemia, co obxectivo de garantir a equidade no acceso aos procesos da educación dixital para o alumnado do centro durante o curso escolar.
 - Cada inicio de curso, o centro seleccionará o alumnado que debe ser beneficiado coa cesión dos equipos. En función das súas necesidades específicas o centro poderá decidir se reparte o 100% do equipamento recibido, ou debe reservar unha porcentaxe para atender situacións sobrevindas.
 - O centro debe manter un rexistro actualizado de todos os kits do proxecto e de todos os préstamos ao alumnado no módulo Educa en Dixital da aplicación Protocolos Educativos: https://www.edu.xunta.es/protocoloseducativos/ , onde pode acceder o equipo directivo do centro. A relación de equipamento asignado a cada centro cargarase de forma automática, e a xestión dos préstamos farase seguindo as instrucións detalladas na aplicación.
- O préstamo e a devolución do equipamento formalizarase coa firma dos acordos de cesión e devolución que se poden imprimir dende Protocolos Educativos. Estes documentos deberán ser arquivados no centro e poderán ser requiridos pola Administración en calquera momento.
- O centro poderá solicitar a un/ha alumno/a a devolución de equipamento cando cambien as circunstancias que motivaron a necesidade do préstamo.
 - O préstamo do equipamento non debera exceder o curso académico e será só para alumnado matriculado no centro. A baixa na matrícula do/a alumno/a no centro será motivo de devolución do equipamento. Todos os equipos deben de ficar almacenados no centro antes do remate de Xuño, agás que o centro considere que se dan circunstancias particulares que recomenden que a cesión do equipamento deba estenderse máis aló de dita data.
- O centro decidirá o uso máis axeitado para os equipos que permanezan no centro, preferentemente como reforzo da dotación de equipamento susceptible de ser empregado polo alumnado (proxectos de aula, laboratorios, etc.)
-  A UAC será o punto de contacto para o centro e as familias para calquera dúbida, notificación, comunicación ou resolución de incidencias sobre o proxecto ou sobre o equipamento. Os centros deberán notificar coa maior celeridade posible calquera incidencia que se detecte no equipamento.
-  En función da evolución das necesidades de equipamento de cada centro é posible que o número de equipos a súa disposición flutúe ano a ano.
- O centro deberá expoñer en diferentes lugares visibles o cartel de FEDER que se achegou como modelo.

Distribuir contido