No documento que se xunta aparecen unhas poucas páxinas das que se publicaron na Revista Escolar "Esperpento" dese curso 2002/2003, ano no que se celebraba o 30º Aniversario do CEIP Campolongo. Atoparás todo o contido na nosa Biblioteca do centro. Na editorial da revista hai un erro na data de inicio do Colexio Nacional de Campolongo. Alí dise que o 1º curso foi 1972/73 e realmente o 1º curso foi o 1973/74 (ver actas) . En 1972 rematouse de construir o colexio o 30 de setembro, tal e como indica a placa que hai no centro escolar e que xuntamos neste artigo.
Entre outras cousas, da revista escolar, eliximos as seguintes páxinas:
- Presentación do Director recordando os nomes de todos os directores do centro. Faltaría engadir ós da revista a D. Jose Manuel Sánchez Moure (2011-2021) e a Dona Silvia A. Ruano Portela (2021 ...). Ver artigo Directores do cole.
- A curiosa carta do Antonio José Sierra Queimadelos
- Catástrofe do Prestige: ver foto -
- Traballo sobre Xabier Blanco, o gaiteiro de Moaña
- Primeiras fotos sobre a Camelia, que pasaría a ser a 1ª Exposición do colexio que xa logo tomaría corpo e trascendencia como unha actividade dentro das programadas
- Recorte de prensa da Marcha Ciclista
Anexo | Tamaño |
---|---|
Placa-cole.pdf | 1.46 MB |